Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Datos de sinistralidade 1º semestre: rexístrase un incremento en relación ao mesmo período do ano anterior

28-09-2016 - Sinistralidade

Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, 360 traballadores/as faleceron en accidente laboral entre xaneiro e xullo deste ano 2016, 23 máis que no mesmo período de 2015, o que supón un incremento do 6,8%. Do número total de accidentes mortais, 92 foron en itínere, o que representa un incremento dun 64,3%.

Nos sete primeiros meses do ano contabilizáronse 320.721 accidentes laborais con baixa, o que supón un aumento do 6,7% respecto ao número de sinistros do mesmo período de 2015, no que tiveron lugar 300.550 accidentes. Do conxunto de sinistros, 277.371 accidentes rexistráronse no lugar de traballo (un incremento do 6,5%) e 43.350 foron sinistros in itínere, un 7,8% máis.
En relación aos accidentes leves con baixa no posto de traballo rexistráronse 275.059 ata xullo, un 6,6% máis, e os graves acadaron os 2.044, un 5,9% máis. No caso dos sinistros in itínere, rexistráronse 42.718 accidentes de carácter leve (+7,7%) e 540 de gravidade (+8,4%).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS