Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

DATOS SINISTRALIDADE ESTATAIS

30-01-2018 - DATOS ESTATÍSTICOS. INSSBT

Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA: Neste apartado analízase a sinistralidade laboral do último período de doce meses dispoñible e se compara co mesmo período anterior.

Informe interanual de sinistralidade

Neste apartado do "Observatorio" atopamos informes de evolución da sinistralidade que se realizan con periodicidade trimestral. Refírense a períodos completos de doce meses e a súa comparación co mesmo período anterior. A información refírese ao colectivo de traballadores asalariados con cobertura das continxencias de accidente de traballo e enfermidade Profesional, así como aos traballadores/as autónomos que optaron pola afiliación a este réxime. Ligazón aos informes interanuais

Informes anuais de accidentes de traballo

Neste apartado do "Observatorio" atoparemos estudos que analizan a siniestralidade laboral no Estado por anos, mediante o exame de diferentes variables que caracterizan os accidentes de traballo, como o sector, a gravidade, a actividade económica, a tipoloxía do accidente, etc.

Análise da mortalidade por accidente de traballo en España

Dende 2002 realízase este proxecto do INSSBT que ten entre os seus obxectivos coñecer de forma precisa o perfil do accidente de traballo mortal e as súas causas. Baséase nas investigacións que os Organismos técnicos das CCAA fan dos accidentes de traballo mortais. A variable fundamental na investigación dun accidente de traballo son as súas causas, polo seu interese preventivo á hora de tomar medidas para evitar a repetición do accidente. Os sistemas de información actuais non permiten un estudo de ámbito nacional que identifique e analice as causas que os producen, con todo este proxecto permite achegar información neste sentido. Ligazón aos Análises da mortalidade por accidente de traballo en España.

Actividades Económicas

Neste apartado o Observatorio proporciona informes que analizan as condicións de traballo de diferentes actividades económicas

Actividades prioritarias en función da sinistralidade

Estudos do sector da Construción

Estudos do sector marítimo pesqueiro

Estudos do sector do Transporte terrestre

Estudos do sector do Metal

Estudos no sector agrario

Estudos en centros asistenciais

Estudos do sector da Madeira

Accidentes de traballo por sobresforzos e TME

O obxectivo do informe é analizar a sinistralidade laboral por sobresforzos dende un enfoque epidemiolóxico con fin de aportar datos pormenorizados de interese na planificación preventiva, que poidan ser de utilidade para todos os axentes implicados.

Ligazón aos Estudos de sobresforzos e TME.

Accidentes Laborais de Tráfico

Neste apartado do Observatorio atoparemos estudos sobre Accidentes de traballo relacionados co tráfico dende o ano 2007 ata a actualidade.

Ligazón aos Informes anuais de Accidentes Laborais de Tráfico.

Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico, sinistralidade laboral e condicións de traballo

Este informe, ten como obxectivos achegar información orientativa sobre a sinistralidade por accidentes de traballo con baixa médica, ocorridos en xornada de traballo (ATJT) e que afectaron ao colectivo de traballadores autónomos con continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional (AT e EP ) cuberta durante o ano 2016 e analizar as condicións de traballo dos autónomos. Ligazón aos Estudos sobre traballadores autónomos.

Sinistralidade laboral dos/as traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal

Neste apartado do Observatorio atopamos estudos que examinan como se comporta a sinistralidade laboral nas empresas con traballadores cedidos por Empresas de Traballo Temporal (ETT).

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS