Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Crece a sinistralidade no primeiro semestre do 2015

08-09-2015 - DATOS ESTATÍSTICOS

O número de accidentes laborais con baixa, sen contar os accidentes in itínere, creceron un 6,7% no primeiro sementre do ano no Estado español. Tamén crece o número de accidentes in itínere, un 7,7%, e os accidentes mortais, un 3,3%.

Aínda que a maior parte dos accidentes mortais tiveron como vítimas a traballadores/as do sector servizos, sector no que a porcentaxe de accidentes con resultado de morte creceu un 11,9% en relación ao ano anterior, é no sector industrial onde se rexistra un incremento da accidentabilidade maior, un 30,4%.

Segundo os datos do Ministerio de Emprego, as principais causas de falecemento de traballadores/as durante a xornada laboral foron os infartos e os derrames cerebrais, nunha porcentaxe dun 8,1% menos que no mesmo período do ano anterior. Soben os accidentes sufridos ao chocar ou golpear un obxecto en movemento nun 310%; e baixan os falecementos por accidente de tráfico (terceira causa de falecemento no traballo) un 17,1%.

Do total dos accidentes laborais rexistrados no primeiro semestre deste ano, a maior parte foron de homes: 166.471 casos, un 7,6% máis que no mesmo período do 2014, por 87.726 accidentes de mulleres, un 5,1% máis que no ano anterior.

 

  

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS