Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Caracterización da sinistralidade na actividade pesqueira - Ano 2022

20-06-2022 - INSST

No Estado máis de 40.000 persoas traballan neste sector, que presenta un índice de incidencia de accidentes de traballo que duplica a media nacional e rexistra 10 veces máis accidentes mortais que o resto de actividades. O presente Documento Técnico do INSST ofrece unha visión xeral da sinistralidade no sector pesqueiro, presentando información cuantitativa e cualitativa sobre os accidentes de traballo e enfermidades profesionais máis frecuentes no sector: onde e como se producen, en que fases da pesca, etc.

Para iso, realízase unha análise de diversas fontes como son os rexistros oficiais de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e os informes de investigación de accidentes graves e mortais levados a cabo por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social e a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos.

Os datos mostran que os accidentes graves e mortais están principalmente relacionados coas faenas de pesca, en especial co uso de máquinas, equipos de traballo e elementos en tensión, e cos aspectos relacionados coa seguridade marítima como vuelcos, afundimentos, etc. En canto ás modalidades pesqueiras, a arte de arrastre é o que presenta un maior perigo relativo.

O obxectivo último deste documento é que toda esta información poida servir de apoio aos procesos de identificación e avaliación dos riscos e á eficaz planificación das actividades preventivas na actividade pesqueira, que contribúa a mellorar a seguridade laboral e reducir a elevada sinistralidade do sector.

Este documento é unha versión actualizada do Documento Técnico do mesmo nome editado en 2016.

Ligazón ao documento "Caracterización da sinistralidade na actividade pesqueira - Ano 2022"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS