Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Avance sinistralidade laboral 2014

10-04-2015 - Observatorio Estatal de Condicións de Traballo

O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo, dependiente do INSHT, ven de publicar o Informe de sinistralidade laboral do ano 2014, no que se presentan os datos de sinistralidade por sector de actividade e comunidade autónoma e os compara cos obtidos no 2013. O informe amosa un aumento global da accidentalidade dun 5.1% con respecto ao ano 2013. En concreto, apréciase un crecemento da accidentalidade mortal dun 5,1% e unha diminución do número de accidentes graves nun 1,8% no período interanual considerado.

O índice de incidencia total increméntase ata un 3,5%. Este índice representa o nº de accidentes de traballo por cada 100.000 traballadores/as coas continxencias profesionais cubertas; permite relacionar o número de accidentes de traballo co número de traballadores afiliados coas continxencias cubertas, polo que resulta un sistema máis axustado de seguimento da siniestralidade laboral que as cifras absolutas de accidentes de traballo.

Apréciase así mesmo que sobe el índice de incidencia dos accidentes de traballo leves (3,5%), o de accidentes de traballo mortais (3,1%) e descende o índice dos accidentes de traballo graves (-3,3%).

Por sectores, obsérvase no índice de incidencia total respecto ao período anterior considerado, un incremento dun 1,9% no sector agrario, dun 3,1% no sector da industria, dun 7,9% na construción dun 3,5% no sector servizos.

Ligazón ao Avance de sinistralidade laboral do 2014

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS