Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Avance de sinistralidade laboral xaneiro - decembro 2011

16-03-2012 - Observatoiro estatal de condicións de traballo

Os indicadores que ofrece o Observatorio Estatal de Condicións de Traballo abarcan temas relacionados co contexto socioeconómico do traballo, a xestión da prevención e as actividades preventivas, as condicións nas que os traballadores desenvolven as súas tarefas e as consecuencias para a saúde que delas se derivan.

Os indicadores avalían a realidade nacional do mundo do traballo e están deseñados e analizados por técnicos expertos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), baseándose en información de fontes constatadas e fiables e empregando a súa ampla experiencia en temas de prevención.

A sinistralidade laboral, espello onde se reflicte a situación en condicións de traballo



O obxectivo último e fundamental das políticas preventivas é o descenso dos accidentes de traballo, enfermidades profesionais e demais danos á saúde que poidan derivar do traballo. Indubidablemente, o coñecemento rigoroso de todos os factores que inflúen nos riscos laborais é o primeiro paso para a consecución deste obxectivo.

A análise periódica profundo da sinistralidade laboral publicado no Observatorio pretende a orientación eficaz das políticas preventivas e o seguimento e valoración desas políticas.

Para ver o documento Avance de sinistralidade laboral xaneiro decembro de 2011  preme na ligazón

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS