Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Anuario de sinistralidade laboral en Galiza 2020

08-07-2021 - ISSGA

Nesta monografía o ISSGA actualiza e amplía os datos relativos á sinistralidade laboral en Galiza obtidos no mes de febreiro do 2021. A información agrúpase nas seguintes epígrafes: accidentes de traballo sen baixa, accidentes de traballo con baixa, accidentes de traballo mortais, índices de incidencia, variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo ocorridos nos últimos dez anos, enfermidades profesionais e patoloxías non traumáticas causadas polo traballo.

En 2020 rexistráronse en Galiza 24.962 accidentes con baixa en xornada laboral e 2.560 in itinere (os datos en avance indicaban 22.302 e 2.209). A variación interanual mostra unha diminución do 21,08% respecto ao 2019 (21,13% menos de accidentes leves, 19,56% menos de accidentes graves e 3,57% menos de accidentes mortais).

Dos accidentados en xornada laboral, 18.017 eran homes (o 72,18%) e 6.905 mulleres (o 27,82%). Con 1.435 accidentes in itinere, as mulleres teñen unha maior porcentaxe destes accidentes (o 56,05%).

A incidencia dos accidentes en Galiza foi de 2.528,52 accidentes por 100.000 traballadores, sendo a incidencia dos homes de 3.538,72 e a das mulleres 1.453,05.

Desagregando os accidentes en xornada laboral segundo a súa gravidade, 24.509 foron leves (o 98,19% do total), 399 graves (o 1,60%) e 54 mortais (o 0,22%), diminuíndo a porcentaxe de mulleres segundo aumenta a gravidade dos mesmos, correspondendo o 5,56% destes accidentes mortais (3) a mulleres. Os datos provisionais en avance indicaban 21.873 accidentes leves (o 98,07%), 377 accidentes graves (o 1,69%) e 52 accidentes mortais (o 0,23%).

Por provincias, A Coruña rexistra 10.579 accidentes (o 42,38%), Pontevedra 9.077 (o 36,36%), Lugo 2.657 (o 10,64%) e Ourense 2.649 (o 10,61%). Segundo a incidencia dos accidentes, Ourense é a provincia de maior incidencia (2.649,74), seguida de Pontevedra (2.614,53), A Coruña (2.503,90) e Lugo con 2.262,18 accidentes por 100.000 traballadores.

En canto á análise por sectores, 1.198 accidentes producíronse na agricultura (o 4,80% do total), e unha incidencia de 3.457,83, na pesca 824 (o 3,30%) e unha incidencia de 4.569,40, na industria 6.435 (o 25,78%) e unha incidencia de 4.477,80, na construción 4.075 (o 16,32%) e unha incidencia de 5.425,01 e nos servizos 12.430 accidentes (o 49,80%) e unha incidencia de 1.737,01 accidentes por 100.000 traballadores.

Ligazón ao Anuario de sinistralidade laboral en Galiza 2020

En 2020 rexistráronse 794 enfermidades profesionais con baixa, das cales 445 (o 56,05%) sufríronas homes e 349 (o 43,95%) mulleres. Tamén houbo 527 enfermidades profesionais sen baixa, das cales 290 (o 55,03%) sufríronas homes e 237 (o 44,97%) mulleres. A industria co 49,62% das enfermidades con baixa e o 51,42% das enfermidades sen baixa o sector de actividade con maior prevalencia.

Houbo en 2020 un total de 157 comunicacións de patoloxías non traumáticas causadas polo traballo, 102 (o 64,97%) en homes e 55 (o 35,03%) en mulleres, sendo as patoloxías do aparello locomotor co 61,78% dos casos as máis frecuentes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS