Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Análise de mortalidade por accidente de traballo no Estado 2020-2022

21-11-2023 - INSST

Neste informe preséntanse os datos dos accidentes mortais investigados polos Órganos Técnicos das Comunidades Autónomas (exceptuando accidentes de tráfico, non traumáticos, os ‘in itinere’ e os debidos ao COVID), ocorridos durante o trienio 2020-2022. Ademais das variables incluídas no sistema Delt@, complétase o estudo coa análise de causas do accidente, que facilita o coñecemento en profundidade das condicións nas que se produciu o accidente.

O valor principal deste estudo é o aproveitamento do código de causas establecido no ano 2002 e que foi modificado en varias ocasións polo grupo de traballo, para así poder analizar de forma homoxénea todas as causas identificadas na investigación dos accidentes.

No documento analizáronse 572 accidentes mortais investigados polos organismos técnicos das Comunidades Autónomas, que ocorreron no Estado durante os anos 2020, 2021 e 2022, rexistrándose 2.160 causas entre todos eles. A maioría das causas implicadas nos accidentes son de natureza organizativa, tanto relativas á Organización do traballo (29,6% das causas) como á Xestión da prevención (27,3%), sendo tamén destacable o bloque de Factores individuais (15,4%).

Ligazón ao informe do INSST “Análise de mortalidade por accidente de traballo no Estado 2020-2022”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS