Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Actividades prioritarias en función da sinistralidade 2022

13-09-2023 - insst

Estudo que elabora anualmente o Departamento de Investigación e Información do INSST, clasificando as actividades económicas segundo dous criterios simultáneos, considerando a probabilidade de que se produza o accidente de traballo con baixa e analizando onde se encontran agregados o maior número de traballadores e traballadoras susceptibles de padecelo. Este criterio combinado é útil en estratexias que necesiten unha óptima xestión dos recursos e que dean lugar a programas preventivos eficientes.

Este informe céntrase na priorización das actividades económicas en función de dous parámetros: o índice de incidencia de ATXT e o número de traballadores que desenvolven o seu traballo nunha actividade concreta.

A priorización realízase con tres enfoques diferentes:

Nun primeiro apartado considérase a totalidade de accidentes en xornada de traballo que cursaron con baixa (leves, graves e mortais), referidos á totalidade da poboación afiliada coa continxencia de accidente de traballo cuberta.

No segundo apartado abórdase a análise das actividades prioritarias en base aos ATXT e poboación, diferenciando por sexos.

Finalmente, no apartado terceiro, centrado na gravidade, realízase a priorización considerando só os ATXT con consecuencias graves ou mortais. É dicir, priorizar as actividades máis perigosas tomando como referencia a totalidade da poboación afiliada coa continxencia de accidente de traballo cuberta.

Ligazón ao Informe: Actividades prioritarias en función da sinistralidade 2022

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS