Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Actividades prioritarias en función da sinistralidade 2021

06-10-2022 - INSST

Estudo que elabora anualmente o Departamento de Investigación e Información do INSST, clasificando as actividades económicas segundo dous criterios simultáneos, considerando a probabilidade de que se produza o accidente de traballo con baixa e analizando onde se encontran agregados o maior número de traballadores susceptibles de padecelo. Este criterio combinado é útil en estratexias que necesiten unha óptima xestión dos recursos e que dean lugar a programas preventivos eficientes.

Este informe céntrase na priorización das actividades económicas en función de dous parámetros: o índice de incidencia de ATXT e o número de traballadores e traballadoras que desenvolven o seu traballo nunha actividade concreta.

A priorización realízase con tres enfoques diferentes:

Nun primeiro apartado considérase a totalidade de accidentes en xornada de traballo (ATXT) que cursaron con baixa (leves, graves e mortais), referidos á totalidade da poboación afiliada coa continxencia de accidente de traballo cuberta.

No segundo apartado abórdase a análise das actividades prioritarias en base aos ATXT e poboación, diferenciando por sexos.

Finalmente, no apartado terceiro, centrado na gravidade, realízase a priorización considerando só os ATXT con consecuencias graves ou mortais. É dicir, priorizar as actividades máis perigosas tomando como referencia a totalidade da poboación afiliada coa continxencia de accidente de traballo cuberta.

Ligazón ao informe Actividades prioritarias en función da sinistralidade 2021

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS