Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Accidentes de traballo por sobresforzos - 2020

25-02-2022 - INSST

Os accidentes por sobresforzo físico sobre o sistema musculoesquelético representan unha elevada porcentaxe no conxunto da sinistralidade do Estado. En concreto, en 2020 un 32,5% do total de accidentes ocorridos en xornada de traballo con baixa foron sobresforzos. O obxectivo deste informe é analizar a sinistralidade laboral por sobresforzos desde un enfoque epidemiolóxico, co fin de achegar algúns datos pormenorizados de interese na planificación preventiva, que poidan ser de utilidade para todos os axentes implicados

Este informe, que analiza a sinistralidade laboral por sobresforzos mediante o estudo de diferentes variables do parte de accidente de traballo, define a magnitude e distribución deste tipo de accidentes, mostra a súa evolución nos últimos anos e identifica aquelas actividades máis afectadas polos sobresforzos.

Ligazón ao documento: "Accidentes de traballo por sobresforzos - 2020"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS