Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

“Análise da Mortalidade no Estado español por Accidente de Traballo 2014, 2015 e 2016”

01-09-2020 - INSST

A investigación dos accidentes ofrece unha información moi interesante, aínda que non consta dun carácter homoxéneo no seu contido en forma e fondo, polo que dificulta poder analizala e aproveitala conxuntamente. A agrupación homoxénea dos datos procedentes de todas as Comunidades Autónomas permite obter unha información máis sólida e de maior volume, aumentando significativamente a capacidade da súa análise. Exclúense as patoloxías non traumáticas, os ocorridos in itinere e os de tráfico. Tamén se exclúen os que están fóra do ámbito de competencia dos organismos implicados, por exemplo os sucedidos en minas.

Esta delimitación do campo de análise fai que os datos que aparecen no informe non coincidan cos datos estatísticos da sinistralidade mortal, que se recollen nas estatísticas oficiais do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Entre os anos 2014, 2015 e 2016 investigáronse 441 accidentes de traballo mortais. Dada a súa natureza  multicausal, codificáronse 1.834 causas dos mesmos, sendo a media de 4,2 causas por accidente. Confírmase desta maneira o aumento de causas sinaladas nos accidentes investigados, xa que nos informes 2011-2013 e 2008-2010 as medias de causas foron 3,8 e 3,2 respectivamente.

CONCLUSIÓNS XERAIS DO INFORME

No trienio 2014-2016 foron investigados 441 accidentes de traballo mortais, dos cales o empresario ten a obrigación de cumprir cun sistema de notificación. Ademais, debe organizar a xestión preventiva da súa empresa, elixindo para iso unha modalidade preventiva de entre as recollidas na lexislación.

RELACIÓN COAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

As condicións de traballo relacionadas coas causas máis sinaladas, e que por tanto merecen unha revisión, son as relacionadas cos bloques de Organización do traballo (29,8%) e Xestión preventiva (26,4%). É destacable tamén o bloque de Factores individuais (13,3%), que indica deficiencias relativas á sensibilización do traballador/a e modificación de actitudes e comportamentos, e cuxas causas tamén poden diminuírse implementando actividades preventivas de formación e sensibilización.

CAUSAS MÁIS FRECUENTES DOS ATM

Concretamente, a causa do  ATM máis frecuente é Método de traballo inadecuado que pertence ao bloque de Organización do traballo. A segunda e terceira son Non identificación do/os riscos que materializaron o accidente e Permanencia do traballador/a dentro dunha zona perigosa, incluídas nos bloques Xestión da prevención e Factores individuais, respectivamente.

SECTOR DA EMPRESA

Unha das características que máis condiciona os accidentes mortais é o sector no que se engloba a empresa. O sector onde se investigaron maior número de accidentes de traballo mortais foi Construción, con Industria e Servizos practicamente á vez e o sector Agrario é o que menor porcentaxe de investigacións ten. Aínda que é máis realista neste caso comparar os índices de incidencia, xa que o número de afiliados varía en función do sector. Neste estudo, o sector con máis accidentes por número de afiliados é o Agrario.

TAMAÑO DA EMPRESA

O tecido empresarial do Estado baséase en  microempresas e pequenas empresas (entre 1 e 49 traballadores/as) que son precisamente as que presentan maior número de accidentes mortais, diminuíndo a porcentaxe de traballadores falecidos a medida que aumenta o tamaño de persoal.

IDADE DOS TRABALLADORES/AS

Respecto a a idade do traballador accidentado, obsérvase que a porcentaxe de accidentes dos traballadores/as de 50 anos ou máis é practicamente igual ao da idade intermedia, o que indica unha maior sinistralidade no grupo de maior idade, dado que case a metade da poboación afiliada (45,7%) atópase na franxa de idade intermedia, fronte ao 26% de afiliados de máis de 50 anos.

OCUPACIÓNS DOS TRABALLADORES/AS

As principais ocupacións dos traballadores/as accidentados son Artesáns e  traballadores/as cualificados das industrias manufactureiras e a construción e Ocupacións elementais, aínda que con bastantes diferenzas segundo o sector de actividade.

As variables descritivas do accidente que máis destacan son:

No 19,2% dos casos, os traballadores/as falecidos estaban a realizar unha tarefa  que se consideraba non habitual para o posto que desempeñaban.

ACTIVIDADE PREVENTIVA

Analizáronse tanto a modalidade preventiva existente nas empresas onde sucederon os accidentes como o grao de cumprimento do proceso preventivo (avaliación de riscos, identificación do risco, definición de medidas preventivas e aplicación destas medidas preventivas).

Na súa gran maioría (69,2%), as empresas optaban por recorrer a un SPA. Resulta preocupante que en 81 dos accidentes mortais estudados (18,3%) non se fixo constar a modalidade preventiva ou simplemente non haxa ningunha modalidade.

As empresas de 1 a 49 traballadores/as recorren en maior medida ao Servizo de prevención alleo, sendo as empresas de 250 ou máis traballadores/as as que dispoñen de Servizo de prevención propio en maior medida.

No caso de empresas sen modalidade preventiva, ou que non consta, sobresae o bloque de causas relacionadas coa Xestión da prevención e, lixeiramente, os Factores individuais. Cando a modalidade elixida é o SPP, destacan os Espazos e superficies de traballo e os Factores individuais. As cifras para os servizos de prevención alleos, ao ser a opción maioritaria, son moi parecidas aos totais, aínda que cabe destacar neste caso o bloque de Prevención intrínseca.

Soamente un 8% das empresas (36 casos) realizaron o proceso preventivo ata a última etapa, a aplicación de medidas preventivas, que é en definitiva o obxectivo final das actividades preventivas, co fin de, na medida do posible, evitar a materialización do accidente.

O grao de cumprimento do proceso preventivo marca diferenzas no peso de cada bloque de causas. Así, as empresas que o cumpren ata o final diminúen as porcentaxes en Organización do traballo e Xestión da prevención, debido a que é de supoñer que teñen un plan preventivo mellor definido.

Ligazón ao documento “Análise de la Mortalidade no Estado español por Accidente de Traballo 2014, 2015 e 2016”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS