Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Xestión da COVID-19 en HOTEIS e outras entidades do sector do aloxamento

18-09-2020 - OIT

A información contida nestas orientacións está dirixida a hoteis e outros establecementos de aloxamento de todos os tamaños, incluídos os cámpings, que estean en funcionamento durante a pandemia actual.

Os hoteis e establecementos dedicados ao aloxamento son lugares nos que se produce un alto grao de interacción entre os hóspedes e os empregados/as. Por tanto, é necesario prestar especial atención a estes aspectos: o aloxamento dos hóspedes, os servizos que o acompañan (alimentación e bebida, limpeza, organización de actividades, entre outros), e as interaccións que teñen lugar especificamente nestes establecementos (entre os hóspedes, entre os empregados/as e entre os hóspedes e os empregados/as).

Todo o persoal do establecemento de aloxamento debe aplicar as medidas básicas de protección contra a COVID-19, a saber, a hixiene de mans, o distanciamento físico, non tocarse os ollos, o nariz e a boca, as debidas precaucións ao  toser e esbirrar, o uso de máscaras médicas ou de tea, illarse no domicilio cando se indique e solicitar atención médica cando se presenten síntomas compatibles coa COVID-19.

Ligazón ao documento "Xestión da COVID-19 en HOTEIS e outras entidades do sector do aloxamento".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS