Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Versión 8 do Novo plan de hostalaría segura, do 1 de xaneiro de 2022

03-01-2022 - CONSELLERÍA DE SANIDADE

No Novo Plan de Hostalaría Segura establécese un procedemento para a clasificación dos establecementos segundo o seu nivel de compromiso, en función das boas prácticas levadas a cabo e da aplicación de medidas sanitarias adicionais que fo- menten espazos máis seguros e que ofrezan todas as garantías posibles. Este novo plan permite unha estabilidade das condicións de apertura nos establecementos de hostalería con independencia dos niveis de incidencia acumulada do concello.

O Plan de hostalaría segura da Galiza ten como obxectivos proporcionar un marco de estabilidade das condicións de apertura nos establecementos de hostalería con independencia dos niveis de restricións de cada concello, recoller as medidas sanitarias comúns de aplicación en todos os establecementos de restauración e hostalaría por mor da pandemia de SARS-CoV-2 e establecer as medidas sanitarias de aplicación para garantir un nivel maior de compromiso e obter beneficios adicionais de aforo e horario nos establecementos de restauración e hostalaría, independentemente da situación epidemiolóxica.

Esta nova estratexia responde á situación actual do avanzado estado da vacinación na nosa comunidade: o 82% da poboación diana e o 73% da poboación total de Galiza ten a pauta completa.

Por outra banda, a ocupación da hospitalización convencional e das unidades de coidados críticos e a porcentaxe de pacientes COVID nos servizos de urxencias tamén permiten o desenvolvemento deste novo plan.

Polo tanto, este plan sempre estará condicionado á evolución da situación asistencial da Galiza, así como dos parámetros epidemiolóxicos que poidan repercutir na capacidade asistencial do sistema sanitario. Así, serán obxecto de seguimento e da avaliación continua por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública e da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, co asesoramento do Comité Clínico, para propoñer os cambios e medidas oportunas.

Ligazón ao documento Novo Plan de Hostalaría Segura de Galiza. Versión 8, de 1 de xaneiro de 2022.

ORDE do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón á ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 26/11/2021 Nº 228-Bis.

Ligazón á ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón á ORDE do 23 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 23/09/2021 Nº 184-Bis.

Ligazón ao apartado web PLAN DE FORMACIÓN GRATUÍDO da Xunta

Ligazón á ORDE do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 14/09/2021

Ligazón ao Modelo do Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 1C (unha cunchiña)

Ligazón ao  Modelo de Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 2C (dúas cunchiñas)

Guía para as boas prácticas de ventilación na HOSTALARÍA no contexto da COVID-19. Consellería de Sanidade 27.04.2021

Podes obter máis información sobre o coronavirus na sección específica da nosa páxina web.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS