Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Traballar en tempos de COVID-19: boas prácticas de intervención psicosocial en centros sanitarios

01-02-2021 - INNST

Esta guía enmárcase no proxecto “PSI-COVID: actuación preventiva fronte aos riscos psicosociais derivados da crise da COVID-19 no ámbito sanitario”, desenvolto por un equipo de traballo multidisciplinar do INSST; Nela analízanse, entre outras cuestións, os factores psicosociais que con máis intensidade afectan ao persoal do ámbito sanitario durante a pandemia e os efectos sobre a saúde que experimentan ou poden esperarse como consecuencia da exposición.

O documento presenta unha análise da situación do persoal que está a desenvolver a súa actividade profesional nos centros sanitarios durante a pandemia por COVID-19. Ademais, ofrece recomendacións de boas prácticas de intervención psicosocial e proporciona recursos para a acción que facilitan a implementación desas boas prácticas. O seu obxectivo é orientar ás xerencias, direccións, mandos intermedios e servizos de prevención sobre as accións preventivas que se poderían realizar para protexer a saúde psicosocial dos traballadores e traballadoras dos seus centros sanitarios ao longo das diferentes etapas da crise.

O contido da guía estruturouse ao redor de catro apartados:

1. Diagnóstico de situación e necesidades detectadas: contén a abordaxe metodolóxica do diagnóstico realizado, sobre o que se fundamenta o enfoque das intervencións propostas na guía.

2. Comprender para actuar: o impacto da crise sobre o persoal do ámbito sanitario: presenta parte dos resultados do diagnóstico realizado co fin de evidenciar a necesidade e urxencia de protexer a saúde do persoal do devandito ámbito.

3. Boas prácticas: recolle recomendacións preventivas de intervención psicosocial de carácter xeral para os centros sanitarios durante a crise por COVID-19, derivadas do diagnóstico resultante do proxecto “PSI- COVID”.

4. Recursos para a acción: presenta instrumentos prácticos que facilitan a aplicación das recomendacións e accións preventivas propostas na guía. Atópanse enlazados nas accións preventivas correspondentes para facilitar a súa utilización e requiren ser adaptados ás particularidades dos centros para optimizar a súa utilidade.

Ligazón á guía: "Traballar en tempos de  COVID19: boas prácticas de intervención psicosocial en centros sanitarios".
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS