Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Tercera edición -O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo

06-05-2020 - OIT

A caída constante das horas de traballo a nivel mundial a causa do brote de COVID-19 significa que 1.600 millóns de traballadores/as da economía informal, isto é, case a metade da poboación activa mundial, corre perigo inminente de ver desaparecer as súas fontes de sustento, advirte a Organización Internacional do Traballo. Segundo O Observatorio da OIT, a caída das horas de traballo no actual trimestre (segundo) de 2020 podería superar con fartura á estimada anteriormente.

En comparación cos niveis anteriores á crise (cuarto trimestre de 2019), agora prevese unha deterioración do 10,5 por cento, o equivalente a 305 millóns de empregos a tempo completo (asumindo unha semana laboral de 48 horas semanais). Segundo a previsión anterior, o descenso sería do 6,7 por cento, o equivalente a 195 millóns de empregados/as a tempo completo. Iso débese á prolongación e a ampliación das medidas de confinamento.

Polo que respecta ás rexións, a situación empeorou para a totalidade dos principais grupos rexionais. As estimacións indican unha perda de horas de traballo equivalente ao 12,4 por cento no segundo trimestre en América (fronte aos niveis anteriores á crise) e ao 11,8 por cento en Europa e Asia Central. As estimacións para o resto dos grupos rexionais son bastante próximas, e todas superan o 9,5 por cento.

A crise económica provocada pola pandemia deu unha estocada contundente á capacidade de gañar o sustento de case 1.600 millóns de traballadores/a da economía informal (o grupo máis vulnerable do mercado laboral), dun total de 2.000 millóns a nivel mundial, e dunha forza de traballo mundial de 3.300 millóns de persoas. Son dous os desencadenamentos: as medidas de confinamento e/ou o feito de que esas persoas traballan nalgún dos sectores máis golpeados.

A nivel mundial, o primeiro mes da crise cobrouse un 60 por cento dos ingresos dos traballadores/as informais. Isto equivale a unha caída do 81 por cento en África e América, do 21,6 por cento en Asia e o Pacífico, e do 70 por cento en Europa e Asia Central.

Se non contan cunha fonte de ingresos alternativa, estes traballadores/as e as súas familias non terán medios de supervivencia.

Nas dúas últimas semanas, a proporción de traballadores/as que vive en países suxeitos á obrigación ou a recomendación de paralizar as actividades pasou de 81 a 68 por cento. A redución da estimación anterior do 81 por cento sinalada na segunda edición do Observatorio (publicada o 7 de abril) débese fundamentalmente aos cambios en China; nos demais países, as medidas de paralización aumentaron.

En todo o mundo, máis de 436 millóns de empresas afrontan o grave risco de interrupción da actividade. Estas empresas pertencen aos sectores da economía máis afectados, incluídas uns 232 millóns pertencentes ao comercio almacenista e comerciante polo miúdo, 111 millóns, ás manufacturas, 51 millóns, aos servizo de aloxamento e servizo de comida, e 42 millóns ao sector inmobiliario e outras actividades comerciais.

A OIT insta a adoptar medidas urxentes, específicas e flexibles para axudar aos traballadores/as  e as empresas, en particular, ás empresas máis pequenas, os traballadores e traballadoras da economía informal e demais persoas en situación de vulnerabilidade.

As medidas de reactivación da economía deben basearse nun alto nivel de creación de emprego, e debe ser apoiadas por políticas e institucións laborais máis fortes, e por sistemas de protección social máis amplos e dotados de máis recursos. Para que a recuperación sexa efectiva e sostible, tamén será decisiva a coordinación internacional de paquetes de medidas de estímulo e medidas de alivio da débeda. Como marco, poden utilizarse as normas internacionais do traballo, que xa gozan de consenso tripartito.

“A medida que a pandemia e a crise do emprego evolucionan, máis perentorio vólvese a necesidade de protexer á poboación máis vulnerable”, dixo Guy Ryder, Director Xeral da OIT. “Para millóns de traballadores, a ausencia de ingresos equivale a ausencia de alimentos, de seguridade e de futuro. Millóns de empresas no mundo están ao bordo do colapso. Carecen de aforros e de acceso ao crédito. Estes son os verdadeiros rostros do mundo do traballo. Se non se lles axuda agora, sinxelamente desaparecerán”.

Ligazón ao documento Terceira edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-

Ligazón ao documento Segunda edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-

Ligazón á primeira edición O  COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas -OIT-

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS