Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Segunda edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo

13-04-2020 - OIT

A segunda edición do Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo , describe o COVID-19 como “a peor crise mundial dende a Segunda Guerra Mundial”, actualiza a primeira nota de investigación da OIT publicada o 18 de marzo. A nova versión inclúe información sectorial e rexional sobre os efectos da pandemia.

Segundo o novo estudo, 1.250 millóns de persoas traballan nos sectores considerados de alto risco de sufrir “drásticos e devastadores” aumentos nos despedimentos e diminución dos salarios e horas de traballo. Moitos destas persoas están empregadas en traballos mal remunerados, de baixa cualificación, onde unha perda imprevista de ingreso ten consecuencias devastadoras.

A nivel rexional, a proporción de traballadores nestes sectores “en risco” varía de 43 por cento en América a 26 por cento en África. Algunhas rexións, África en particular, teñen niveis de informalidade máis altos, o cal unido á falta de protección social, gran densidade de poboación e débil capacidade, expón aos gobernos serios desafíos sanitarios e económicos, advirte o informe.

A nivel mundial, dous mil millóns de persoas traballan no sector informal (a maioría nas economías emerxentes e en desenvolvemento) e corren un risco especial.

É necesario adoptar medidas políticas integradas e a gran escala, centradas en catro alicerces: apoiar ás empresas, ao emprego e os ingresos; estimular a economía e os empregos; protexer aos traballadores no lugar de traballo; e utilizar o diálogo social entre gobernos, traballadores e empregadores a fin de atopar solucións, sinala o estudo.

Ligazón ao documento Segunda edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT- 07/04/2020

Ligazón á primeira edición O  COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas -OIT- 18/03/2020

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS