Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Recomendacións de operación e mantemento dos sistemas de climatización e ventilación de edificios e locais para a prevención da propagación do SARS-CoV-2

25-06-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Este documento establece recomendacións, dirixidas a profesionais técnicos do sector, sobre o uso e o mantemento dos sistemas de ventilación ou climatización de edificios e locais, como poden ser oficinas, centros comerciais, instalacións deportivas ou culturais, entre outros.

A guía foi coordinada polos Ministerios de Sanidade, Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía en colaboración con expertos en saúde pública, sanidade ambiental,  aerobiología e instalacións de climatización e ventilación.

Ligazón ao documento: Recomendacións de operación e mantemento dos sistemas de climatización e ventilación de edificios e locais para a prevención da propagación do SARS-CoV-2-I. Ministerio de Sanidade, Vicepresidencia Cuarta do Goberno, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e IDAE

Outros documentos sobre climatización e ventilación en edificios:

Recomendacións de operación e mantemento dos sistemas de climatización e ventilación de edificios e locais para a prevención da propagación do SARS-CoV-2-II. Ministerio de Sanidade, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e IDAE

Recomendacións sobre o uso de instalacións de climatización en edificios, a fin de previr a propagación do SARS-CoV-2 -Ministerio de Traballo e Economía Social-INSST-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS