Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Recomendación (UE) 2021/1433 da Comisión do 1 de setembro de 2021 relativa á avaliación da conformidade e os procedementos de vixilancia do mercado no contexto da ameaza que representa a Covid-19

02-09-2021 - SAÚDE

A principios de 2020, por mor da pandemia de COVID-19, o mercado da UE rexistrou un crecemento exponencial e sen precedentes da demanda de equipos de protección individual (en diante, «EPI»), como máscaras, luvas, monos de protección ou lentes protectoras, así como de produtos sanitarios, como máscaras cirúrxicas, luvas de exploración e certos tipos de batas. En particular, a cadea de subministración de determinados tipos de EPI, como as máscaras refugables, sufriu unha forte presión. Ademais, a cadea de subministración mundial destes produtos sufriu perturbacións importantes que tamén repercutiron no mercado da UE.

Recomendación (UE) 2021/1433 da Comisión do 1 de setembro de 2021 relativa á avaliación da conformidade e os procedementos de vixilancia do mercado no contexto da ameaza que representa a Covid-19.

 

Ligazón ao apartado da nosa web "Normativa relativa aos equipos de protección individual -EPI-".

 

Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do Consello, de 9 de marzo de 2016, relativo aos equipos de protección individual e polo que se deroga a Directiva 89/686/CEE do Consello.

Regulamento (UE) 2017/745 do Parlamento Europeo e do Consello de 5 de abril de 2017 sobre os produtos sanitarios, polo que se modifican a Directiva 2001/83/CE, o Regulamento CE nº 1223/2009 e polo que se derogan as Directivas 90/385/CEE e 93/42/CEE do Consello.

Recomendación (UE) 2020/403 da Comisión de 13 de marzo de 2020 relativa á avaliación da conformidade e os procedementos de vixilancia do mercado no contexto da ameaza que representa o COVID-19.

 

 

 

 

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS