Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Quinta edición –O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo

07-09-2020 - OIT

A cantidade de horas de traballo perdidas en todo o mundo durante o primeiro semestre de 2020 foi significativamente máis alta do que se estimou, mentres que a recuperación sumamente incerta na segunda metade do ano non será suficiente para regresar aos niveis anteriores á pandemia, aínda no mellor dos escenarios, e córrese o risco de ver unha perda constante de empregos a gran escala, advirte a Organización Internacional do Traballo (OIT).

Segundo o Observatorio da OIT: COVID-19 e o mundo do traballo. 5ª edición , as horas de traballo, a nivel mundial, diminuíron do 14 por cento no segundo trimestre de 2020, o que equivale á perda de 400 millóns de empregos a tempo completo (sobre a base dunha semana laboral de 48 horas). Este é un incremento considerable con respecto ás estimacións do Observatorio anterior  (publicado o 27 de maio) que prevía unha diminución de 10,7 por cento (305 millóns de empregos).

As novas cifras reflicten o agravamento da situación en numerosas rexións durante as últimas semanas, sobre todo nas economías en desenvolvemento. A nivel rexional, a perda de horas de traballo foron: Américas (18,3 por cento), Europa e Asia Central (13,9 por cento), Asia e o Pacífico (13,5 por cento), Estados Árabes (13,2 por cento) e África (12,1 por cento).* 

A gran maioría dos traballadores/as do mundo (93 por cento) segue vivindo en países con algún tipo de peche dos lugares de traballo, coas Américas experimentando as maiores restricións.

O novo Observatorio presenta tres escenarios para a recuperación no segundo semestre de 2020: de base, pesimista e optimista. Sinala que o resultado a longo prazo dependerá da traxectoria futura da pandemia e das decisións políticas dos gobernos.

O modelo de base – o cal supón un repunte da actividade económica en liña coas previsións actuais, o levantamento das restricións no lugar de traballo e a recuperación do consumo e dos investimentos – prevé unha diminución na perda de horas de traballo de 4,9 por cento (equivalente a 140 millóns de empregos a tempo completo) en relación ao cuarto trimestre de 2019.

O escenario pesimista asume unha segunda onda da pandemia e o regreso das restricións, o cal retardaría a recuperación de maneira significativa. Como consecuencia produciríase un descenso das horas de traballo de 11,9 por cento (340 millóns de empregos a tempo completo).

O escenario optimista asume que as actividades dos traballadores/as renovaranse rapidamente, impulsando de maneira significativa a demanda agregada e a creación de empregos. Con esta recuperación excepcionalmente veloz, a perda de horas de traballo diminuiría ata 1,2 por cento (34 millóns de empregos a tempo completo).

O Observatorio constata ademais que as traballadoras foron afectadas de maneira desproporcionada pola pandemia, creando o risco de que algúns dos modestos progresos en materia de igualdade de xénero alcanzados nas últimas décadas pérdanse e que as desigualdades de xénero relacionadas co traballo agudícense.

O grave impacto da Covid-19 sobre as mulleres está relacionado coa súa sobre-representación nalgúns dos sectores económicos máis afectados pola crise, tales como a hostalería, a restauración, o comercio e a industria manufactureira. A nivel mundial, case 510 millóns (40 por cento) de todas as mulleres empregadas traballan nos catro sectores máis afectados, fronte a 36,6 por cento de homes.

As mulleres tamén predominan nos sectores do traballo doméstico, a asistencia sanitaria e os servizos sociais, onde corren maiores riscos de perder o seu ingreso, de infección e de transmisión, e é menos probable que teñan protección social. A distribución desigual do traballo de coidado non remunerado antes da pandemia tamén empeorou durante a crise,  exacerbada polo peche dos colexios e dos servizos de coidado.

Os principais desafíos do futuro

Aínda que os países adoptaron medidas políticas cunha velocidade e un alcance sen precedentes, o Observatorio destaca algúns dos desafíos que é necesario enfrontar:

•    Atopar o equilibrio e a secuencia adecuados entre as intervencións sanitarias e económicas, e entre as intervencións sociais e políticas co obxectivo de producir óptimos resultados sostibles no mercado de traballo.

•    Implementar e manter intervencións políticas á escala necesaria cando é probable que os recursos sexan cada vez máis limitados.

•    Protexer e promover as condicións dos grupos vulnerables, desfavorecidos e máis afectados para que os mercados de traballo sexan máis xustos e equitativos.

•    Garantir a solidariedade e o apoio internacional especialmente para os países emerxentes e en desenvolvemento.

•    Fortalecer o diálogo social e o respecto dos dereitos.

Ligazón á QUINTA EDICIÓN –O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-


Ligazón á Cuarta edición -O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-

Ligazón ao documento Terceira edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-

Ligazón ao documento Segunda edición: Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo -OIT-

Ligazón á primeira edición O  COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas -OIT-


Fonte: OIT

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS