Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2. Actualizado a 18 de novembro de 2021

23-11-2021 - MINISTERIO DE SANIDADE

Coa incorporación neste protocolo do apartado 5. COVID PERSISTENTE, COVID CRÓNICO OU "LONG COVID" no referente á vixilancia da saúde, os traballadores e traballadoras que fosen diagnosticados de “Long COVID” unha vez reincorporados ao seu posto de traballo, deben ser valorados polo persoal sanitario do servizo de prevención para determinar se requiren ou non adaptacións no seu posto de traballo en función das súas limitacións.

MODIFICACIÓNS: Revisión das medidas preventivas no contexto actual da pandemia. Incorporación do apartado 5. COVID persistente, COVID crónico ou long-COVID. Redución do apartado 7. Detección, notificación, estudo e manexo de casos e contactos.

5. COVID PERSISTENTE, COVID CRÓNICO O “LONG COVID”

Unha porcentaxe de persoas refiren síntomas prolongados e recorrentes, durante semanas ou meses, tras o primeiro episodio de COVID-19, independentemente da gravidade deste. Aínda non se definiu con precisión o que se entende por COVID persistente, tamén denominado COVID crónico ou “Long COVID” (terminoloxías máis utilizadas en España). Parece claro que se trata dunha entidade que afecta a un gran número de persoas e que, por tanto, está a ter un gran impacto sanitario e social na pandemia. Ademais da repercusión na calidade de vida, o Long COVID expón moitos retos e incertezas en canto ao diagnóstico e o tratamento. É por iso que tanto os colectivos de pacientes, a comunidade científica internacional como as Institucións e autoridades de saúde pública están a facer un chamamento e un gran esforzo para mellorar o coñecemento da enfermidade, a súa incidencia, a atención clínica e as prestacións sociais das persoas afectadas.

Recentemente a Organización Mundial da Saúde definiu ao COVID persistente como “persoa con historia de infección probable ou confirmada por SARS CoV-2, transcorrendo 3 meses dende o inicio da infección, con síntomas que duran polo menos 2 meses e que non poden explicarse con outro diagnóstico. Os síntomas comúns inclúen fatiga, dificultade respiratoria, disfunción cognitiva, entre outros, e xeralmente teñen un impacto no funcionamento diario. Poden ser de nova aparición despois da recuperación inicial dun episodio agudo de COVID-19 ou persistente dende a enfermidade inicial, ademais, poden ser fluctuantes ou permanecer no tempo”.

Os síntomas e signos referidos polas persoas que padecen COVID persistente son extremadamente numerosos e variados, o que engade complexidade á síndrome en canto ao seu diagnóstico e o seu requirimento de atención sanitaria de carácter multidisciplinar. Pode consultarse a Información científico-técnica sobre o COVID-19, do Ministerio de Sanidade, para obter máis detalles sobre definición, síntomas e signos, incidencia e poboación máis afectada.

Polo que se refire á vixilancia da saúde, os traballadores e traballadoras que fosen diagnosticados de “Long COVID” unha vez reincorporados ao seu posto de traballo, deben ser valorados polo persoal sanitario do servizo de prevención para determinar se requiren ou non adaptacións no seu posto de traballo en función das súas limitacións.

A valoración será asimilable a un recoñecemento despois dunha ausencia prolongada por motivos de saúde, aos sós efectos de determinar, a partir da avaliación de riscos do posto de traballo e da nova situación de saúde da persoa, as necesidades preventivas que eviten que calquera risco presente no lugar de traballo poida danar ou agravar o estado de saúde desa persoa.

No seu caso, o SPRL propoñerá adaptar o posto ou as condicións de traballo a través de medidas de protección e prevención para evitar o dano e facilitar a recuperación, seguindo o establecido no apartado 1.6. Valoración da aptitude, da Guía Básica e Xeneral de Vixilancia da Saúde para a prevención de riscos laborais, do Ministerio de Sanidade.

Non se trata de emitir unha aptitude médico-laboral para o posto de traballo, senón de proporcionar as recomendacións preventivas oportunas máis convenientes para o traballador/a e o seu actual estado de saúde.

Finalmente, con data 30/09/2021 publicouse o Criterio de xestión 25/2021 da Subdirección Xeral de Ordenación e Asistencia Xurídica do INSS, sobre continxencia da que deriva a prestación económica por incapacidade temporal que traia por mor do padecimiento da “síndrome post COVID- 19.”

Ligazón ao documento actualizado a data 18/11/2021: Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2

Ligazón á Nota interpretativa Tabla 1 Procedemento SPRL actualizada a data de 21.12.2020

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS