Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención do persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de COVID-19

19-02-2021 - CONSELLERÍA DE SANIDADE

O presente Plan ten por obxecto dar unha resposta adecuada e unificada no ámbito da prevención de riscos psicosociais derivados da pandemia da COVID-19 para previr e minimizar as repercusións desta crise sobre a saúde psicosocial do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Este Plan Específico será de aplicación a todas as áreas sanitarias, que procederán a súa adaptación, de ser ocaso, e implantación con carácter inmediato.

A información e seguimento das actuacións e medidas que se deriven do presente plan deberán tratarse no seo do correspondente Comité de Seguridade e Saúde.

Ligazón ao Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención do persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de COVID-19

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS