Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Os Estados membros, os traballadores/as e os empregadores/as alcanzan un acordo sobre a necesidade de recoñecer a COVID-19 como enfermidade profesional

25-05-2022 - COMISIÓN EUROPEA

Os Estados membros, os traballadores/as e os empregadores/as alcanzaron o 18 de maio, no Comité Consultivo para a Seguridade e a Saúde no Traballo, un acordo sobre a necesidade de recoñecer a COVID-19 como enfermidade profesional na asistencia sanitaria, social e domiciliaria e, nun contexto de pandemia, nos sectores nos que aumentan as actividades con risco demostrado de contaxio. Tamén apoiaron que se actualizase a lista de enfermidades profesionais da UE.

O comisario de Emprego e Dereitos Sociais,  Nicolas  Schmit, declarou: «Este acordo é un sinal político forte para recoñecer o impacto da COVID-19 nos traballadores/as así como a contribución esencial das persoas que traballan na asistencia sanitaria e social, e dos demais traballadores/as que corren un maior risco de contraer a COVID-19. Baseándose neste acordo, a Comisión actualizará a súa Recomendación sobre enfermidades profesionais, para promover o recoñecemento da COVID-19 como enfermidade profesional por parte de todos os Estados membros».

O acordo de onte é un paso importante para aplicar o marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2021-2027, adoptado pola Comisión en xuño de 2021, no que a Comisión anunciou que actualizaría a Recomendación da Comisión sobre enfermidades profesionais para incluír a COVID-19 a finais deste ano. O marco establece accións crave a escala da UE para mellorar a saúde e a seguridade dos traballadores/as nos vindieros anos. Un dos seus obxectivos transversais clave é mellorar a preparación ante posibles crises sanitarias no futuro. Isto tamén implica prestar máis apoio aos traballadores/as durante posibles ondas futuras de COVID-19.

Próximas medidas

Tras o ditame do  Comité, a Comisión actualizará a Recomendación que inclúe a lista de enfermidades profesionais, e os axentes que poden causalas, que a Comisión recomenda aos Estados membros que recoñezan. O obxectivo é que os Estados membros adapten as súas lexislacións nacionais conforme a Recomendación actualizada. Se se recoñece como enfermidade profesional nun Estado membro, os traballadores/as dos sectores afectados que contraian COVID-19 no lugar de traballo poderán adquirir dereitos específicos segundo a normativa nacional, como o dereito a indemnización.

Contexto

A pesar de que mellorou a crise sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19 en Europa, e os Estados membros están a levantar progresivamente as medidas restritivas, a situación epidemiolóxica segue sendo grave. O 12 de maio de 2022, o Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades (ECDC) clasificou determinadas  subvariantes de  ómicron como «variantes preocupantes». Por tanto, está xustificado un reforzo da protección dos traballadores/as ante posibles futuras ondas de COVID-19.

Algúns traballadores/as, especialmente os que están expostos a persoas infectadas (como nos sectores da asistencia sanitaria e social) teñen un maior risco de contraer a COVID-19. Ademais, durante unha pandemia, pode haber outros sectores nos que os traballadores/as poden ter un maior risco de contraer a COVID-19 debido á natureza das súas actividades.

O recoñecemento e a indemnización das enfermidades profesionais son competencia Estatal. A maioría dos Estados membros informaron á Comisión de que xa recoñecen a COVID-19 como enfermidade profesional ou accidente laboral, conforme as súas normativas Estatais. A actualización da Recomendación da Comisión sobre enfermidades profesionais é importante para promover o recoñecemento da COVID-19 como enfermidade profesional por parte de todos os Estados membros.

Fonte: Comisión Europea

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS