Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Orde SND/726/2023, do 4 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 4 de xullo de 2023, polo que se declara a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

05-07-2023 - BOE

Para garantir a preparación e resiliencia da sociedade fronte a ameazas potenciais emerxentes con capacidade de xerar novas crises sanitarias graves, así como para seguir avanzando no cumprimento das conclusións do Ditame da Comisión para a Reconstrución Social e Económica tras a COVID-19, aprobado polo Pleno do Congreso dos Deputados o 29 de xullo de 2020, formúlanse as seguintes recomendacións dirixidas a todas as administracións, tanto estatal como autonómicas e á cidadanía

Primeira. Protexer á poboación vulnerable.

Se algo puxo de manifesto a pandemia é o seu gran impacto en termos de morbilidade e mortalidade na poboación máis vulnerable. É por iso que, tras o fin da situación de crise sanitaria pola COVID-19, as medidas de prevención e control, adaptadas á situación actual, deben continuar dirixíndose, fundamentalmente, á devandita poboación.

Neste sentido, unha das leccións aprendidas coa pandemia, é que a cidadanía é responsable e xoga un papel fundamental na redución da transmisión das infeccións respiratorias. É importante manter esta cultura de responsabilidade que adquirimos nos últimos anos, e seguir utilizando máscaras e outras medidas hixiénicas ante a presenza de síntomas de infección respiratoria.

Igualmente, os centros sanitarios son ámbitos de especial vulnerabilidade nos que a pandemia mostrou a necesidade de reforzar o uso de máscara en determinados contextos e situacións, en particular:

– Polas persoas sintomáticas cando estean en espazos compartidos.

– Polos e as profesionais que atenden a casos sintomáticos.

– Polas persoas que traballan en unidades de Coidados Intensivos e en Unidades con pacientes vulnerables seguindo as recomendacións de control de infección aconselladas polos Servizos de Medicina Preventiva e Prevención de Riscos Laborais segundo a valoración do risco de cada centro sanitario.

– Nas urxencias hospitalarias ou de atención primaria, incluída a sala de espera.

Por último, nos centros residenciais de persoas maiores e persoas con discapacidade, contornas nos que viven as persoas máis vulnerables, aínda que non se recomende o uso universal das máscaras, considérase necesario tomar precaucións adicionais en caso de aparición de síntomas en traballadores, residentes ou visitantes, para evitar brotes, coidando en todo caso o benestar dos maiores tanto a nivel físico como emocional.

Segunda. Fortalecer a vixilancia integrada de infeccións respiratorias agudas dunha maneira sostible.

A vixilancia en saúde pública é un dos piares fundamentais para conseguir información de calidade que permita analizar a situación epidemiolóxica e os factores que a determinan en cada momento, sendo a ferramenta que facilita a toma de decisións e de accións en saúde pública.

O Estado debe estar preparado ante as eventuais emerxencias sanitarias que poidan aparecer no futuro e, a partir da información da vixilancia, dar unha resposta precoz, oportuna e proporcionada. Débese manter un sistema de vixilancia sentinela que integre o seguimento da infección respiratoria aguda tanto en atención primaria como en atención hospitalaria e que inclúa polo menos a vixilancia de gripe, COVID-19 e o Virus Respiratorio Sincitial.

Tamén é importante seguir avanzando nas actividades de secuenciación xenómica, que debe continuar integrándose de maneira eficiente e oportuna no sistema de vixilancia para detectar de maneira precoz a aparición de novas variantes do SARS-CoV-2, ou de calquera outro virus respiratorio de interese, que puidesen estar asociadas con formas máis graves de enfermidade.

Ademais, tal como indicou a OMS, como parte do desenvolvemento da vixilancia integrada de infeccións respiratorias agudas, utilizaranse fontes de información complementarias para a vixilancia, como a monitorización de augas residuais, ou a análise da evolución das incapacidades laborais temporais.

Terceira. Promocionar a vacinación fronte á COVID-19 e outros microorganismos causantes de infección respiratoria.

Cuarta. Fortalecer o marco estratéxico de preparación e resposta fronte a emerxencias sanitarias.

Quinta. Fortalecer os recursos humanos, as capacidades de preparación e resposta fronte a emerxencias sanitarias, así como a resiliencia dos sistemas sanitarios.

Sexta. Manter a reserva estratéxica sanitaria.

Sétima. Manter os mecanismos de gobernanza compartida.

Ligazón á Orde SND/726/2023, do 4 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 4 de xullo de 2023, polo que se declara a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS