Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

O INSST actualiza as directrices de boas prácticas no SECTOR DO COMERCIO TEXTIL

10-07-2020 - INSST

A efectos deste documento, o sector de comercio téxtil comprende as tendas de roupa de calquera tamaño, así como as tendas de calzado. Polas súas especiais características, queda excluída destas Directrices a venda ambulante ou non sedentaria na vía pública (mercadillos) e o comercio por teléfono ou on-line.

Neste documento recóllese unha selección non exhaustiva de recomendacións e medidas de contención adecuadas para garantir a protección da saúde dos traballadores fronte á exposición ao coronavirus SARS-CoV-2 no sector de comercio téxtil.

Con carácter máis xeral deben considerarse tamén as recomendacións para a volta ao traballo recollidas no documento “Boas prácticas nos centros de traballo. Medidas para a prevención do  contagios do  COVID-19”,  así como os criterios xerais que se establecen no “Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao novo coronavirus ( SARS- COV-2)”

A efectos deste documento, o sector de comercio téxtil comprende as tendas de roupa de calquera tamaño, así como as tendas de calzado. Polas súas especiais características, queda excluída destas Directrices a venda ambulante ou non sedentaria na vía pública (mercadillos) e o comercio por teléfono ou  on-line. En calquera caso, as tendas deberán axustarse ao establecido a cada ámbito territorial en cada fase das restricións, respecto a medidas obrigatorias a aplicar, aforo, horarios de apertura, etc.

Ligazón ao documento "Directrices de boas prácticas no SECTOR DO COMERCIO TEXTIL"

Tes ACTUALIZADAS á túa disposición na nosa páxina web estas e outras DIRECTRICES E RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE

Outros documentos relacionados:

 Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA 16/06/2020 -ISSGA-

Protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA -12/06/2020 -Ministerio de Sanidade, Ministerio de Industria, Comercio e Turismo-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS