Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Manuais de recomendacións para os distintos eidos do sector turístico

27-05-2020 - CONSELLERÍA CULTURA E TURISMO-ISSGA

Con base á información e ás recomendacións da autoridade sanitaria, a Consellería de Cultura e Turismo, co asesoramento técnico do ISSGA, elaborou estes manuais que teñen como finalidade orientar as actuacións na fase de reactivación da actividade para garantir a saúde no ámbito da acollida, recepción e atención dos clientes, e no ámbito laboral das persoas traballadoras.

 As medidas deberán analizarse individualmente para adaptalas á súa singularidade e actualizarse en función das novas indicacións da autoridade sanitaria e a normativa aplicable en cada momento.

Trátase dunhas publicacións que condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidad, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos, co obxectivo de facilitar a súa consulta por parte dos distintos axentes. En concreto, elaboráronse manuais adaptados para:

Manual para ALOXAMENTOS RURAIS ante a COVID-19

Manual para ALBERGUES ante a COVID-19

Manual para as AXENCIAS DE VIAXES ante a COVID-19

Manual para os BALNEARIOS ante a COVID-19

Manual para os CÁMPINGS ante a COVID-19

Manual para os CAMPOS DE GOLF ante a COVID-19

Manual para os GUÍAS DE TURISMO ante a COVID-19

Manual para os HOTEIS ante a COVID-19

Manual para os OFICINAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA ante a COVID-19

Manual para os RESTAURANTES ante a COVID-19

Manual para as ACTIVIDADES DE TURISMO ACTIVO E ECOTURISMO ante a COVID-19

Tes ACTUALIZADAS á túa disposición na nosa páxina web estas e outras DIRECTRICES E RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS