Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Lembra: Medidas para minimizar o risco de transmisión por aerosois

21-01-2021 - ISSGA-MINISTERIO DE SANIDADE

No momento actual considérase demostrada a transmisión a partir de aerosois. Os aerosois son as pingas respiratorias de menor tamaño (< 100 micras) que tamén son emitidas polas persoas infectadas e que quedan suspendidas no aire por un tempo elevado (dende segundos ata horas). Estas poden ser inhaladas a distancias superiores a 2 metros da persoa infectada e incluso en ausencia da persoa que as emitiu.

En xeral o risco de transmisión por bioaerosois aumenta na distancia curta, en contornas pechadas e concorridas, especialmente mal ventiladas, e cando se realizan actividades que aumentan a xeración de aerosois como facer exercicio físico, falar alto, gritar ou cantar.

Segundo o exposto, minimizar a transmisión da COVID-19 a partir de aerosois non implica a necesidade de adoptar medidas de prevención complexas moi diferentes ás xa recomendadas, pero si reforzalas e incorporar algunhas novas para evitar o contaxio, en especial nos espazos interiores.

Nos seguintes documentos recóllense as máis importantes.

Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-CoV-2 por aerosois. 1/12/2020 ISSGA. Información complementaria.

Avaliación do risco da transmisión do SARS-CoV-2 mediante aerosois. Medidas de prevención e recomendacións. 18/11/2020 Ministerio de Sanidade.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS