Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Incluído o SARS-CoV na lista de axentes biolóxicos

11-12-2020 - BOE

Hoxe entra en vigor a Orde TES/1180/2020, do 4 de decembro, que adapta os anexos II, IV e V do Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, o cal supón incluír ao coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave 2 (SARS- CoV), causante do brote de COVID-19, como novo axente biolóxico

Hoxe entra en vigor a Orde TES/1180/2020, do 4 de decembro (BOE do 10 de decembro), que adapta os anexos II, IV e V do Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, traspoñendo as Directivas (UE) da Comisión 2020/739, de 3 de xuño e (parcialmente) a 2019/1833, de 24 de outubro de 2019, o cal supón incluír ao «coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave 2» (SARS- CoV), causante do brote de COVID-19, como novo axente biolóxico.

A regulación contida na nova redacción dos anexos IV e V do Real Decreto 664/1997, serán de aplicación dende o 11 de decembro de 2020 para as indicacións relacionadas coa familia « Coronaviridae», pero as indicacións relacionadas co resto dos axentes biolóxicos seguirán sendo de aplicación na súa redacción anterior ata o 19 de novembro de 2021.

Ligazón á Orde TES/1180/2020, do 4 de decembro

Ligazón ao Real Decreto 664/1997, do 12 de maio

Ligazón á Directiva (UE) 2020/739 da Comisión, de 3 de xuño de 2020

Ligazón á Directiva (UE) 2019/1833 da Comisión, de 24 de outubro de 2019

Ligazón á nosa sección web de LEXISLACIÓN ESPECÍFICA SOBRE RISCOS BIOLÓXICOS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS