Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19

28-04-2021 - XUNTA DE GALICIA

O obxectivo desta guía é o de establecer unhas recomendacións de boas prácticas de ventilación no sector da hostalaría. A ventilación é unha medida eficaz pero complementaria doutras medidas preventivas, tales como o aforo axeitado, o distanciamento interpersoal, o uso adecuado da máscara, a hixiene frecuente de mans e a limpeza e desinfección dos espazos.

A emisión desta guía pode encadrarse dentro das actuacións que se están a levar acabo dentro do Plan de hostalaría segura por parte da Xunta, regulado pola Orde do 25 de febreiro de 2021 (e posteriores modificacións). Neste Plan desenvólvense as actuacións necesarias para a apertura progresiva e segura do sector hostaleiro que se fundamentará en tres piares básicos: acadar a máxima seguridade no acceso aos establecementos, o máximo seguimento de posibles gromos e posibilitar o máximo control no cumprimento das disposicións sanitarias vixentes.
Ligazón ao documento "Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19"
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS