Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Equipos de protección individual fronte COVID-19: máscaras non conformes. Actualización 13/11/2020

17-11-2020 - INVASSAT-Institut Valencià de Seguretat i Salut en el Treball-

O INVASSAT pon a disposición a actualización da alerta “Equipos de protección individual fronte COVID-19: máscaras non conformes” . O documento ten por obxecto proporcionar información sobre aquelas máscaras respecto das que se publicaron alertas polos organismos competentes relativas á súa non adecuación respecto a requisitos esenciais de saúde e seguridade.

Novidades no listado:

Táboa 1: Máscaras non conformes notificadas e publicadas por organismos oficiais: Nesta revisión modifícase a táboa 1 incluíndo novas máscaras a partires do ítem 138, incluído.

Táboa 2: Outras máscaras notificadas a través da rede de alertas estatais, polas CCAA: Nesta revisión modifícase a táboa 2 ao suspender a alerta relativa ao ítem 40. Non se inclúe ningunha nova incorporación.

Ligazón ao documento: Alerta INVASSAT. Equipos de protección individual fronte ao COVID-19. Máscaras non conformes. Actualización 13/11/2020

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS