Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Equipos de protección individual fronte COVID-19: máscaras non conformes

22-09-2020 - INVASSAT-Institut Valencià de Seguretat i Salut en el Treball-

O INVASSAT pon a disposición “Equipos de protección individual fronte COVID-19: máscaras non conformes”, dentro da súa serie de alertas públicas. O documento ten por obxecto proporcionar información sobre aquelas máscaras respecto das que se publicaron alertas polos organismos competentes relativas á súa non adecuación respecto a requisitos esenciais de saúde e seguridade.

En cumprimento dos fins de prevención e promoción da seguridade, hixiene e saúde no traballo,  o presente documento ten como obxectivo proporcionar información sobre aquelas máscaras (EPI)  que foron obxecto da publicación de alertas relativas á súa non adecuación respecto aos requisitos  esenciais de saúde e seguridade establecidos no Regulamento (UE) 2016/425, a fin de facilitar a súa identificación.

A listaxe está composta por máscaras expresamente notificadas como non conformes mediante alertas publicadas por fontes oficiais, de acceso público. Así mesmo, de  forma adicional achégase unha segunda táboa doutras máscaras sobre as que tamén se emitiron alertas  a nivel estatal, pero que aínda non foron publicadas na páxina web do Ministerio de Consumo.

Ligazón ao documento: "Equipos de protección individual fronte COVID-19: máscaras non conformes"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS