Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Cuarta edición –O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo

29-05-2020 - OIT

Segundo o Observatorio da OIT: A COVID-19 e o mundo do traballo, 4ª edición , os mozos/as están a ser afectados de maneira desproporcionada pola pandemia, e o incremento rápido e substancial do desemprego xuvenil rexistrado a partir de febreiro afecta máis as mulleres novas que aos homes novos.

A pandemia inflixe un triplo impacto sobre os mozos. Non só destrúe os seus empregos, senón tamén a súa educación e formación, e coloca grandes obstáculos no camiño de quen busca entrar no mundo do traballo ou de cambiar emprego.

En 2019, a taxa de desemprego xuvenil de 13,6 por cento era xa máis alta que a de calquera outro grupo poboacional. Había ao redor de 267 millóns de mozos – ou un de cada cinco a nivel mundial – que non traballaban, nin seguían unha educación ou formación profesional (nini). Os mozos de entre 15 e 24 anos que estaban empregados tiñan ademais maiores probabilidades de estar en formas de traballo que os facía máis vulnerables, como ocupacións mal remuneradas, na economía informal, ou como traballadores migrantes.

“A crise da COVID-19 está a afectar aos mozos – en particular ás mulleres – con maior gravidade e rapidez que a calquera outro grupo. Se non tomamos medidas inmediatas e significativas para mellorar a súa situación, o legado do virus podería acompañarnos durante décadas. Se o seu talento e enerxía son marxinados por falta de oportunidades ou de competencias, isto ocasionará un dano ao futuro de todos nós e fará que sexa moito máis difícil reconstruír unha mellor economía post- COVID”, declarou Guy Ryder, Director Xeral da OIT.

O Observatorio pide respostas políticas urxentes, concretas e a gran escala dirixidas a apoiar aos mozos, incluídos programas amplos de garantía de emprego/formación nos países desenvolvidos, programas intensivos en emprego e garantías nas economías de ingresos medios e baixos.

A cuarta edición do Observatorio analiza ademais as medidas dirixidas a crear un ambiente seguro para regresar ao traballo. Sostén que as probas e a trazabilidad (PT) dos contagios da COVID-19 “están estreitamente relacionadas con perturbacións do mercado de traballo… [e] perturbacións sociais substancialmente menores que as medidas de confinamento e peche dos lugares de traballo”.

Nos países cun sistema sólido de PT, a diminución media das horas de traballo é inferior nun 50 por cento en comparación cos países con baixa intensidade de PT. Son tres as razóns disto: as PT reducen a dependencia nas medidas de confinamento estritas; promoven a confianza dos cidadáns e, en consecuencia, estimulan o consumo e apoian o emprego; e contribúen a minimizar a interrupción das actividades no lugar de traballo.

Ademais, as PT poden por si mesmas crear novos empregos, aínda que temporais, que poden estar dirixidos aos mozos e a outros grupos prioritarios.

O Observatorio pon de manifesto a importancia de atender as preocupacións ao redor da privacidade dos datos. O custo é outro factor, pero a relación custo-beneficio das PT é “altamente favorable”.

“Crear unha recuperación xeradora de emprego que tamén promova a equidade e sustentabilidade significa poñer ás persoas e ás empresas para traballar de novo tan pronto como sexa posible, en condicións seguras”, sinalou Guy Ryder. “As probas e a trazabilidad poden formar unha parte importante do conxunto de políticas se queremos vencer o medo, reducir o risco e que as nosas economías e sociedades volvan moverse rapidamente”.

O Observatorio actualiza ademais a estimación da diminución das horas de traballo no primeiro e segundo trimestre de 2020, en comparación co cuarto trimestre de 2019. Estímase que se perderon 4,8 por cento de horas de traballo durante o primeiro trimestre (equivalente a 135 millóns de empregos a tempo completo supoñendo un traballo de 48 horas semanais). Isto representa unha lixeira revisión á alza de preto de 7 millóns de empregos dende a terceira edición do Observatorio. O número estimado de empregos perdidos no segundo trimestre permanece inalterado, en 305 millóns.

Dende unha perspectiva rexional, as Américas (13,1 por cento), e Europa e Asia Central (12,9 por cento) presentan as maiores perdas de horas traballadas no segundo trimestre.

O Observatorio reitera o seu chamado a favor de medidas inmediatas e urxentes dirixidas a apoiar aos traballadores/as e ás empresas, articuladas ao redor da estratexia de catro alicerces da OIT: estimular a economía e o emprego; apoiar ás empresas, os empregos e os ingresos; protexer aos traballadores/as no lugar de traballo; e buscar solucións mediante o diálogo social.

Ligazón á Cuarta edición -O Observatorio da OIT: O COVID-19 e o mundo do traballo-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS