Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Criterio de aplicación do uso obrigado de máscaras para centros de traballo

29-07-2020 - CONSELLERÍA DE SANIDADE-ISSGA

Criterio de aplicación para centros de traballo proporcionado pola Consellería de Sanidade trala consulta do ISSGA relativa ao uso de máscara nos centros de traballo trala publicación da Resolución do 17 de xullo de 2020.

A resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG 143, do 18 de xullo) introduciu algunhas modificacións da Resolución do 12 de xuño de 2020, en relación co uso de máscaras.

Dita resolución establece a obriga xeral de uso obrigatorio de máscara, aÍnda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal, para persoas a partires dos 6 anos de idade.

Dita obriga rexe na vía pública, en espazos ao aire libre, ou en espazos pechados de uso público ou abertos ao público.

Por tanto, o determinante será saber se esa oficina está aberta ao público ou non:

– Se está aberta ao público (se atenden a persoas alleas á actividade/clientes) o uso de máscara é obrigado.

– Se non está aberta ao público, a Resolución do 17 de xullo (punto 1.3, apartado e) recomenda o uso de máscara nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado.

É responsabilidade de todos manter as condicións necesarias para evitar rebrotes e propagacións do virus, polo que cada institución debe velar pola seguridade e saúde dos traballadores/as.

Por iso, ademais de implementar as medidas necesarias para garantir a separación entre os postos de traballo, e co obxecto de adoptar unha decisión ao respecto se persisten dúbidas, o servizo de prevención de riscos laborais deberá facer unha avaliación dos riscos específicos de cada posto.

Sen prexuízo do anterior, nos postos de traballo que impliquen atención ao público, o persoal debería usar mascarilla como medida complementaria de seguridade. O mesmo sucede cando o persoal se despraza entre as dependencias, accede a espazos abertos ao público ou frecuentados por outros traballadores, así como cando se asiste a reunións de traballo con outras persoas en espazos pechados.

No caso de despachos individuais, mentres se permaneza só nos mesmos non se terá que usar máscara. No momento en que se comparta espazo, habería que poñela.

Sobre as excepcións do apartado 1.3.d, deben interpretarse restritivamente, polo que non é posible establecer a priori un “catálogo” de actividades nas que a natureza da actividade sexa incompatible co uso da máscara. Se iso fose posible o acordo xa as tería enumerado.

Deberá propoñerse o caso concreto, coñecer as peculiaridades da actividade específica, e logo a autoridade sanitaria decidiría se tal actividade ten encaixe na excepción.

Ligazón ao documento

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS