Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

As normas da OIT e o COVID-19 // O COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas

07-04-2020 - OIT

Nestes documentos a OIT presenta unha compilación de respostas ás preguntas máis frecuentes relacionadas coas normas internacionais do traballo e o COVID-19 e proporciona unha avaliación das posibles repercusións do Covid-19 propondo medidas a nivel político para mitigar esas repercusións

As normas da OIT e o COVID-19 (coronavirus). Preguntas frecuentes. Disposicións fundamentais das normas internacionais do traballo pertinentes no contexto do brote de  COVID-19.

Esta documento é unha compilación de respostas ás preguntas máis frecuentes relacionadas coas normas internacionais do traballo e o  COVID-19. Non aborda de maneira exhaustiva as medidas xurídicas ou de política que poderían adoptarse.

Para máis detalles sobre a avaliación preliminar da OIT acerca das posibles repercusións do  COVID-19 no mundo do traballo e a gama de opcións de política propostas, véxase

O  COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas

Neste documento proporciónase unha avaliación preliminar das posibles repercusións do  Covid-19 no mundo do traballo e proponse un conxunto de medidas a nivel político para mitigar esas repercusións e facilitar unha recuperación sólida e eficaz.

Tendo en conta da rápida evolución da situación, a información relativa á mesma actualizarase conforme se dispoña de novos datos.

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS