Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Apróbase considerar accidente de traballo os períodos de illamento ou contaxio por COVID-19

11-03-2020 - PROTECCIÓN SOCIAL CORONAVIRUS

O BOE publica hoxe unha medida pola que se recoñece a “consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo dos períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia do virus COVID-19”.

O Boletín Oficial do Estado recolle literalmente que “ao obxecto de protexer a saúde pública, consideraranse, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo virus COVID-19”.

En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta.

Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos réximes de Seguridade Social.

A data do feito causante será a data na que se acorde o illamento ou enfermidade da persoa traballadora, sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a esa data.

Ligazón ao Real Decreto-lei 6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS