Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

A OMS recoñece que o COVID-19 tamén pode propagarse polo aire en contornas pechadas

13-07-2020 - SAÚDE

Aparte das formas que xa coñecemos, o contacto interpersoal, as pingas de saliva que poden quedar sobre superficies, en definitiva, as partículas que poden saír da persoa contaxiada, agora a OMS inclúe tamén a posibilidade desa transmisión polo aire en contornas pechadas. Os chamados aerosois, as partículas con carga vírica que permanecen en suspensión, poden contaxiar dependendo de varios factores.

O organismo internacional é cauto porque non ten constancia da cantidade destes aerosois que se necesita para contaxiar a unha persoa, pero si que é máis probable que permanezan en contornas pechadas cunha pobre ventilación.

Os experimentos realizados ata o de agora non son con humanos infectados de coronavirus, utilizaron un  nebulizador para  replicar esa expulsión de aerosois coma se fose un corpo humano. A idea é imitar cousas tan básicas como a tose, falar ou esbirrar, pero está claro que non reflicten as mesmas condicións de tusido que poderían darse nas persoas.

Lugares pechados cunha importante cantidade de persoas, coros, restaurantes e mesmo clases de fitness son aqueles sitios nos que se pode dar con máis probabilidade esta transmisión polo aire. Coincide con algúns dos rebrotes que se deron noutros países, pero tamén en España onde os lugares pechados e a concentración de persoas son dous dos factores que máis contaxios provoca.

Con todo, a OMS recoñece que a transmisión neses lugares tamén pode deberse polas pingas de saliva e pola permanencia do virus en superficies tales como varandas, cubertos e demais.

Por tanto, a OMS recomenda evitar as reunións en interiores tanto como sexa posible, en particular cando o distanciamento físico non é factible, e garantir unha boa ventilación ambiental en calquera contorna pechada.

Ligazón ao documento: Transmission of SARS-CoV-2: implications for infection prevention precautions

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte: cadenaser.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS