Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Saúde mental e Traballo. Diagnóstico de situación 2023

30-06-2023 - INSST

O presente informe ten como obxectivo proporcionar un primeiro diagnóstico de situación sobre o dano sobre a saúde mental analizando catro fontes de información complementarias: Módulo especial EPA 2020 sobre accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo (INE); Base de patoloxías non traumáticas da Seguridade Social (PANOTRATSS; Base de accidentes de traballo con baixa (Delt@), coa que se analizan os accidentes con dano psíquico e a Enquisa Europea de Saúde-España 2020 (INE). A análise e os resultados que achegan, orientan cara a onde dirixir, nos seus primeiros pasos, as intervencións preventivas en materia de saúde mental

Entre as liñas de actuación previstas no segundo obxectivo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, en concreto, na sublínea de actuación 2.2.2 inclúese a "Mellora da información sobre factores de risco psicosocial e ergonómico" con vistas a coñecer mellor que actividades económicas son as máis afectadas por estes factores e anticipar intervencións preventivas en caso de situacións de desvío respecto a os estándares de seguridade e saúde no traballo.

Ligazón ao documento Saúde mental e Traballo. Diagnóstico de situación INSST 2023

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS