Riscos psicosociais no profesorado de ensino universitario29-03-2023 - RISCOS PSICOSOCIAISO obxectivo deste estudo é avaliar os riscos psicosociais dos docentes universitarios e identificar áreas de mellora para unha organización saudable nunha mostra de 621 docentes da Universidade da Coruña. Preséntase un diagnóstico dos riscos psicosociais dos docentes universitarios e a partir dese panorama de riscos avánzanse estratexias para a súa prevención dentro do ámbito docente universitario |
|---|
Para iso aplicouse o cuestionario Copenhagen Psychosocial Questionnaire (CoPsoQ) adaptado a poboación española (Método ISTAS21). Os resultados mostraron unha situación desfavorable para a saúde en cinco dimensións psicosociais: altas esixencias psicolóxicas, baixa estima, dobre presenza elevada, baixo apoio social e inseguridade elevada no emprego. Pola contra, constatouse unha situación favorable na dimensión traballo activo e posibilidades de desenvolvemento. Tamén se comprobou que non existe un único perfil de profesor/a universitario en risco psicosocial.
En conclusión, preséntase un diagnóstico dos riscos psicosociais dos docentes universitarios e a partir dese panorama de riscos avánzanse estratexias para a súa prevención dentro do ámbito docente universitario.
Ligazón ao estudo “Riscos psicosociais no profesorado de ensino universitario: diagnóstico e prevención”. Journal of Work and Organizational Psychology
Autores: María Matilde García, Susana Iglesias, Martín Saleta, José Romay