Primeiros resultados da enquisa ESENER - 302-12-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoNa páxina web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo pode atoparse unha selección dos principais resultados da enquisa ESENER-3 levada a cabo en 2019, a terceira edición da "Enquisa europea nas empresas sobre riscos novos e emerxentes", realizada pola Axencia. |
---|
Para este traballo, procedeuse a enquisar a máis de 45.000 establecementos de 33 países sobre a súa xestión actual da saúde e a seguridade no traballo (SST), en especial sobre os principais factores que favorecen ou que obstaculizan a consecución dunha xestión eficaz e a participación dos traballadores/as.
A enquisa céntrase especialmente na xestión dos riscos psicosociais, como o acoso e a tensión relacionada co traballo.
A necesidade de tratar con persoas difíciles, os movementos repetitivos do brazo e da man, e a necesidade de carrexar ou desprazar a persoas ou obxectos pesados seguen figurando entre os factores citados a miúdo polas empresas como factores de risco para a saúde dos traballadores no conxunto de Europa.
As cuestións adicionais incluídas na enquisa de 2019 arroxan nova luz sobre os riscos ocupacionais emerxentes para a seguridade e a saúde (SST): o impacto da dixitalización, por exemplo, e a importancia de permanecer sentado durante períodos prolongados, constitúe na actualidade o terceiro factor de risco máis habitual comunicado polas empresas europeas.
Os resultados da enquisa teñen como obxectivo servir de axuda para o deseño de novas políticas en materia de SST e garantir unha maior eficacia na xestión dos riscos dos lugares de traballo en Europa.
Ligazón aos primeiros resultados da enquisa ESENER-3 (en inglés)