Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Prevención de riscos na adega

18-03-2026 - ISSGA

No documento “Os Actúa do ISSGA: Prevención de riscos na adega” recóllense os principais riscos e medidas preventivas asociadas aos traballos nas adegas: relativos á seguridade dos lugares de traballo e dos equipos, ambiente de traballo, o uso seguro de substancias e mesturas e os trastornos músculo-esqueléticos derivados da manipulación manual de cargas. Tamén se abordan aspectos transversais como a perspectiva de xénero, as medidas de emerxencia, os primeiros auxilios ou a utilización de EPI.

O sector vitivinícola galego, ademais de ser un elemento básico do sector primario da nosa economía, tamén é un referente de identidade da Galiza baseado na tradición e o bo facer de moitas familias do ámbito rural galego.

Responde a un colectivo sometido a riscos de especial interese por canto o seu persoal traballador está exposto a circunstancias asociadas tanto ás formas tradicionais de produción coma as formas de traballo derivadas das importantes innovacións tecnolóxicas que se teñen producido no sector, e que poden ser causa potencial de accidentes ou de enfermidades profesionais.

A diversidade de tarefas a levar a cabo e a concorrencia en certas operacións de persoal alleo a adega fai necesario fomentar a concienciación no sector sobre a perigosidade das tarefas asociadas a este proceso produtivo facendo un esforzo por achegala a todo o persoal implicado.

O obxectivo deste documento é difundir e sensibilizar a importancia da prevención de riscos laborais no sector vitivinícola coa presentación actualizada da documentación técnica sobre o traballo na adegas, que inclúen os traballos dende a recepción da uva no período de vendima ata a saída do viño para a súa comercialización pasando por todos os procesos de elaboración, embotellado e almacenaxe.

No documento Os Actúa do Issga: Prevención de riscos na adega recóllense os principais riscos e medidas preventivas asociadas aos traballos nas adegas: relativos á seguridade dos lugares de traballo e dos equipos, ambiente de traballo, o uso seguro de substancias e mesturas e os trastornos musculo-esqueléticos derivados da  manipulación manual de cargas. Tamén se abordan aspectos transversais como a perspectiva de xénero, as medidas de emerxencia, os primeiros auxilios ou a utilización de EPI.

Ligazón ao documento: “Prevención de riscos na adega”. ISSGA 2026

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS