Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan de actuación ISSGA 2023

20-03-2023 - ISSGA

É obxecto deste plan anual de actuación o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, asesoramento técnico, formación, información e seguimento e control en materia de SST, na execución da vixente estratexia galega para o 2023. Para a consecución dese obxectivo, este documento de planificación ten unha dobre finalidade: Por unha banda, servir de guión para a execución das funcións e desenvolvemento das actividades técnicas; Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas a planificación das actividades e mesmo a busca de actores que se sumen a estas actuacións

No plan de actuación e neste documento de fichas de actividade distínguense iniciativas novas que teñen unha duración limitada no tempo, que pode ser anual ou, nalgúns casos plurianual; outras que supoñen a continuación de actividades iniciadas en anos anteriores, e outras que constitúen actuacións de carácter permanente do ISSGA de acordo coas funcións que ten encomendadas segundo o establecido na súa lei de creación e nos seus estatutos, e a medio prazo no marco da estratexia galega.

Son elementos do Plan de actuación desglosado por estas fichas de actividade:

Esta planificación deuse a coñecer na reunión do órgano colexiado superior de goberno do ISSGA que tivo lugar o día 25 de novembro de 2022, segundo consta na acta da devandita xuntanza. Ao abeiro do artigo 36 dos estatutos, o Plan de actuación será aprobado, por proposta do Consello Reitor, por orde da consellería competente en materia de traballo, dentro do marco da súa estratexia plurianual, contando co informe favorable da consellería competente en materia de facenda, consonte ao establecido pola lexislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón ao Plan de actuación ISSGA 2023

Ligazón á Orde pola que se aproba o Plan de actuación ISSGA 2023

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS