Plan actividades 201906-02-2019 - ISSGAO obxecto do plan anual é o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, asesoramento técnico, formación, información e seguimento e control en materia de SST. Neste ano 2019 o plan adquire especial relevancia por estar no ecuador da vixencia temporal da estratexia galega, polo que a súa execución busca reforzar aqueles aspectos nos que non está desenvolvida integramente e na medida que corresponden ao ISSGA. |
|---|
Consonte á súa normativa reguladora, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral desenvolve a súa actuación mediante un plan anual, que actúa como instrumento para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias.
O obxecto do plan anual é o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, asesoramento técnico, formación, información e seguimento e control en materia de SST. Neste ano 2019 o plan adquire especial relevancia por estar no ecuador da vixencia temporal da estratexia galega, polo que a súa execución busca reforzar aqueles aspectos nos que non está desenvolvida integramente e na medida que corresponden ao ISSGA.
Nesta planificación distínguense iniciativas novas que teñen unha duración limitada no tempo, que pode ser anual ou nalgúns casos plurianual; outras que supoñen a continuación de actividades iniciadas en anos anteriores, e outras que constitúen actuacións de carácter permanente do ISSGA de acordo coas funcións que ten encomendadas segundo o establecido na súa lei de creación e nos seus estatutos, e a medio prazo no marco da EGSST 2017-2020.
Ligazón ao "Plan de actividades 2019"