Organización dos primeiros auxilios na empresa11-10-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGOs primeiros auxilios son a asistencia inmediata que se presta ás vítimas de accidentes antes da chegada de persoal médico especializado. O seu obxectivo é deter e, se é posible, reverter o dano ocasionado. Consisten nunha serie de medidas rápidas e sinxelas, como liberar a vía aérea, aplicar presión sobre as feridas sanguentas ou lavar as queimaduras químicas situadas nos ollos ou na pel. |
|---|
VISUALIZACIÓN EN FORMATO BOLETÍN
Os factores principais que definen os servizos de primeiros auxilios dun lugar de traballo son os riscos específicos da actividade e a dispoñibilidade de asistencia médica definitiva.
Evidentemente, a asistencia que require unha lesión causada por unha serra de gran potencia é radicalmente diferente da que require a producida pola inhalación dun produto químico.
Dende a perspectiva dos primeiros auxilios, unha ferida grave na coxa que se produce preto dun hospital dotado de servizo cirúrxico require basicamente pouco máis que un transporte rápido e adecuado; se a mesma lesión se produce nunha zona rural situada a oito horas do servizo médico máis próximo, os primeiros auxilios incluirían, entre outras cousas, o desbridamento, a ligadura dos vasos sanguíneos e a administración de inmunoglobulina antitetánica e antibióticos.
O concepto de primeiros auxilios é flexible, non só en canto a que debe facerse (durante canto tempo, con que grao de complexidade), senón tamén polo que respecta a quen debe facelo. Aínda que é necesario actuar con moito coidado, toda persoa traballadora pode coñecer as regras fundamentais sobre o que se debe e non se debe facer en materia de primeiros auxilios.
Nalgunhas situacións, a acción inmediata pode salvar a vida, un membro ou a vista. Os compañeiros/as de traballo das vítimas non deben quedar paralizados mentres esperan a chegada de persoal especializado.
A importancia dos primeiros auxilios
Nos casos de parada cardíaca por fibrilación ventricular, a desfibrilación realizada durante os catro primeiros minutos logra unhas taxas de supervivencia do 40 ao 50 %, en comparación con valores inferiores ao 5 % se se administra máis tarde. Máis de 250.000 persoas morren de parada cardíaca cada ano só en Europa.
En canto ás lesións químicas oculares, o lavado inmediato con auga pode salvar a vista. Nas lesións da medula espinal, a inmobilización correcta pode estabelecer a diferenza entre a recuperación completa e a parálise. Nas hemorraxias, a simple aplicación da punta dun dedo sobre un vaso sanguíneo pode deter unha hemorraxia potencialmente mortal.
Con frecuencia, nin sequera a asistencia médica máis avanzada pode reparar os efectos duns primeiros auxilios tardíos e/ou inaxeitados.
Primeiros auxilios no contexto da organización xeral da saúde e a seguridade
A prestación de primeiros auxilios debe ter sempre unha relación directa coa organización xeral da saúde e a seguridade, xa que os primeiros auxilios propiamente ditos non solucionan nada máis que unha pequena parte da asistencia total das persoas traballadoras. Os primeiros auxilios son unha parte da asistencia sanitaria total dos traballadores/as. Na práctica, a súa aplicación dependerá en gran medida das persoas presentes no momento do accidente, xa sexan compañeiros/as de traballo ou persoal médico con formación normalizada. Esta intervención inmediata debe completarse cunha asistencia médica especializada cando sexa necesario.
No artigo 5 do Convenio sobre os servizos de saúde no traballo, da OIT (nº 161), así como na Recomendación do mesmo nome, inclúense os primeiros auxilios e a atención de urxencia nos casos de accidente e indisposición dos traballadores/as no lugar de traballo como parte importante das funcións dos servizos de saúde no traballo. Ámbolos dous instrumentos, adoptados en 1985, regulan o desenvolvemento progresivo de servizos de saúde no traballo dirixidos a todas as persoas traballadoras.
Todo programa global sobre saúde e seguridade no traballo debe incluír primeiros auxilios, xa que contribúen a reducir ao mínimo as consecuencias dos accidentes e son, por tanto, un dos compoñentes da prevención terciaria. Existe un nexo de unión entre a identificación dos perigos profesionais, a súa prevención, os primeiros auxilios, o tratamento de urxencia, a asistencia médica adicional e o tratamento especializado para a reintegración e a readaptación ao traballo. Os profesionais da saúde no traballo poden desempeñar importantes funcións neste ámbito.
Non é infrecuente que se produzan varios incidentes pequenos ou accidentes menores antes de que teña lugar un accidente grave. Os accidentes que só requiren primeiros auxilios constitúen un sinal que deben atender e utilizar os profesionais da saúde e a seguridade no traballo para dirixir e promover medidas preventivas.
Consideracións legais básicas en materia de primeiros auxilios no ámbito laboral
O estado e a evolución das lesións derivadas dun accidente dependen en gran parte da rapidez e da calidade dos primeiros auxilios recibidos. A Lei 31/95, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (BOE nº 269 do 10 de Novembro de 1995), no Capítulo III, artigo 20 marca como obrigación do empresario/a a análise das posibles situacións de emerxencia así como a adopción das medidas necesarias, entre outras, en materia de primeiros auxilios.
Os puntos para considerar, tal como marca a citada lei, serían:
A citada lei considera a non adopción de ditas medidas como unha infracción grave (art.47.10) ou moi grave (art. 48.8) se orixina un risco grave e inminente.
A rápida actuación fronte a un accidente pode salvar a vida dunha persoa ou evitar o empeoramento das posibles lesións que padeza; así pois, debe ser un obxectivo prioritario da empresa organizar os primeiros auxilios cos medios suficientes tanto humanos como materiais, mantendo os equipos ben adestrados, adecuándoos aos riscos propios da empresa e de acordo coa lexislación.
OS ELOS (ESLABÓNS) DA CADEA DE SOCORRO
Entre a vítima e a atención médica especializada que finalmente recibirá esta, existen unha serie de elos que deben ser informados, formados e adestrados para asegurar a rapidez e eficacia da actuación fronte a emerxencias.
As testemuñas
Existen tres tipos de posibles testemuñas dun accidente laboral:
É habitual que a maioría das testemuñas na empresa sexan do tipo ordinario, co que a transmisión da alerta non estará nin moito menos asegurada redundando en atrasos innecesarios, asistencia inadecuada e posibles perdas humanas.
Sería conveniente que todas e cada unha das persoas traballadoras estivesen cando menos informadas (carteis informativos, charlas, folletos explicativos ... ) sobre o que en primeiros auxilios se coñece como P.A.S.
O acrónimo P. A. S. está formado polas iniciais de tres actuacións secuenciais para comezar a atender ao accidentado/a:
Agora ben, non todas as persoas traballadoras deben ser adestradas como testemuñas privilexiadas. Como mínimo os/as responsables de grupo (xefes/as de taller, mandos intermedios, encargados/as, ... ) así como aqueles/as que traballan en zonas de risco deberían recibir unha formación máis específica.
Dita formación mínima pode desenvolverse en pouco tempo e o contido mínimo sería:
O/a telefonista da empresa
Nalgunhas empresas un paso obrigado para contactar cos servizos externos é o/a telefonista. Sempre que exista este elo deberáselle incluír no grupo de testemuñas privilexiadas. Dela depende a transmisión rápida, correcta e eficaz da solicitude de axuda.
O/a socorrista
Non é posible concretar cantos/as socorristas requírense por número de traballadores/as. O «número suficiente» dependerá doutros moitos factores. A modo de guía, á hora de decidir cantos/as socorristas formar, deberemos ter en conta:
En todo caso deberíase dispoñer en calquera momento e en todas as quendas da empresa, cando menos dunha persoa encargada da actuación en situacións de emerxencia.
Unha cifra orientativa para situacións de risco baixo (ex. oficinas) sería dun socorrista por cada 50 persoas traballadoras por quenda (considerando sempre a necesidade de dispoñer de socorristas suplentes). Este número debería considerarse como mínimo no resto de situacións. Ás veces, é convinte dispoñer de dous socorristas por grupo de traballo (p. ex. traballo con máquinas ou ferramentas perigosas).
A formación en socorrismo laboral debe gravitar ao redor das seguintes premisas:
FORMACIÓN EN SOCORRISMO LABORAL
Para conseguir o obxectivo básico dos primeiros auxilios é preciso dispoñer de persoal adecuadamente formado en socorrismo laboral. Esta formación deberíase dividir en tres grandes bloques temáticos: formación básica, formación complementaria e formación específica.
Formación básica
Neste bloque, considerado como de formación básica ou mínima, o/a socorrista debe estar capacitado/a para atender situacións de emerxencia médica, como:
Sendo esta a parte máis importante, é recomendable dominar as técnicas precisas e efectuar reciclaxes periódicas das mesmas.
Todo/a socorrista deberá tamén coñecer como evitar posibles contactos con axentes biolóxicos nocivos (SIDA-Hepatite, e outras enfermidades infectocontaxiosas).
Formación complementaria
A formación complementaria permite atender situacións consideradas como urxencia médica, sendo estas as que poden esperar a chegada dos servizos médicos, por exemplo:
Formación específica
Atendendo aos riscos existentes na empresa é conveniente ter unha formación moi específica.
Cítase a modo de exemplo a formación que debería capacitar ao/á socorrista para poder dominar con soltura, ante o risco químico, as seguintes técnicas:
A formación específica deste exemplo, implicaría dispoñer de material adecuado para a intervención fronte a accidentes de orixe química.
Este material debería estar composto polos seguintes elementos:
1. Fichas químicas (compostos químicos, toxicidade, primeiros auxilios específicos, etc. ...).
2. Equipos de rescate (máscaras de protección respiratoria, equipos autónomos etc. ...).
3. Maleta de osixenoterapia, composta de:
4. Mantas ignífugas
MATERIAIS E LOCAIS DE PRIMEIROS AUXILIOS
No Anexo VI do Real Decreto 486/97, do 14 de abril, sobre lugares de traballo estabelécense as condicións mínimas dos locais e o material necesario para a prestación dos primeiros auxilios.
Dependendo do risco existente na empresa, do tamaño da mesma e das facilidades de acceso ao centro de asistencia máis próximo así como da data de creación dos citados lugares de traballo, deberase procurar dende unha caixa de primeiros auxilios portátil ata unha sala especial.
Consideracións xerais ás caixas de primeiros auxilios
Contido das caixas de primeiros auxilios
A modo de recomendación, o contido mínimo básico dunha caixa de primeiros auxilios de empresa sería:
Instrumental básico
Material de curas
Material auxiliar
Outros
Este contido mínimo debe de ampliarse sempre que existan riscos particulares. Débese de calibrar a necesidade de dispoñer dunha ou varias padiolas, de certas pezas de protección como mandís, batas, máscaras ... Este material non debería estar na caixa de primeiros auxilios, senón noutro lugar e sempre ao coidado de quen saiba usalo.
Non se deberían esquecer tampouco as «caixas de primeiros auxilios de viaxe» no caso de traballadores/as cuxa tarefa se desenvolva fora da empresa.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
A organización dos primeiros auxilios non é máis que unha forma de prepararse para actuar fronte a situacións excepcionais. Isto require dun estudo a fondo tanto da sinistralidade (accidentes e incidentes) como dos posibles factores de risco existentes na empresa.
Con todo, tamén é necesaria a sensibilización de todos os estamentos presentes na contorna laboral. Sirvan os seguintes puntos como exemplo de accións para sensibilizar e, polo tanto, aumentar a eficacia da actuación fronte a emerxencias:
CONCLUSIÓNS
FONTES: