Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Nova versión de Prevención10.

09-04-2013 - INSHT

O INSHT fai pública a nova versión de Prevención10.es que incorpora importantes funcionalidades: Nova ferramenta "autoprevén-t " destinada a facilitar aos traballadores autónomos a coordinación de actividades empresariais e a súa instrución en materia de prevención de riscos laborais.

Nesta axuda iranse incorporando progresivamente todas as actividades xa dispoñibles en Evalúa-t, ás que se engadirán os sectores de actividade económica específicos de escaiolistas, pintores, decoradores e limpeza de oficinas.

. Opción de entrada libre de "avalía-t " a través da ventá "usuario invitado", que fai innecesario a previa autenticación para acceder á ferramenta. Nesta opción require que o usuario garde os datos no seu ordenador ou os imprima antes de saír da aplicación.

. Incorporación dunha innovadora e intuitiva plataforma "t-formas" destinada a facilitar ao empresario o cumprimento das súas obrigas, permitíndolle complementar a súa formación en materia preventiva e, en particular, sobre a prevención dos riscos específicos da súa actividade.

Actualmente están dispoñibles cursos para os sectores de salóns de peiteado, oficinas e bares e restaurantes, expostos de forma interactiva, que progresivamente se ampliarán a outros sectores.

Acceso a PREVENCION10.ES

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS