Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Nova campaña do INSST: "Un día calquera"

11-11-2024 - INSST

O INSST lanza unha nova campaña para concienciar sobre a importancia da prevención de accidentes laborais e enfermidades profesionais, lembrando que cada día dúas persoas falecen no traballo no Estado. A campaña apóiase en datos alarmantes que ilustran a magnitude do problema. "Un día calquera" alerta de que, ademais das dúas mortes diarias causadas por accidentes laborais, outras 35 son hospitalizadas. A isto súmase a cifra de 29.405 persoas que viron as súas vidas afectadas por enfermidades profesionais só no último ano.

A campaña impulsada polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) e a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) busca mobilizar á sociedade na loita contra os riscos laborais.

A iniciativa, que conta co apoio das administracións estatais e autonómicas, así como dos axentes sociais, alíñase coa Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027. O seu obxectivo principal é impulsar a creación de contornas de traballo seguros e saudables.

"Un día calquera" fai fincapé en que unha alta porcentaxe destes accidentes e enfermidades poderían evitarse se se implementasen medidas preventivas adecuadas. A campaña destaca a necesidade dun esforzo conxunto entre a administración pública, as empresas e as persoas traballadoras para minimizar os riscos laborais e priorizar a saúde, a seguridade e o benestar nas contornas laborais.

A campaña difundirase a través de radio, medios dixitais, redes sociais e soportes exteriores. Con esta iniciativa, o INSST busca integrar a cultura preventiva na sociedade e contribuír á redución das cifras de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Ligazón á Campaña Un día Calquera. INSST 2024

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS