Máis publicacións especializadas sobre TME da EU-OSHA04-03-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoPor que algúns grupos de persoas teñen máis probabilidades de padecer trastornos musculoesqueléticos (TME) no traballo? Que obstáculos impiden a prevención e a xestión dos TME? Que iniciativas tiveron éxito nos lugares de traballo? A Axencia Europea Seguridade e a Saúde no Traballo responde a estas e outras preguntas nunha serie de publicacións (algunhas dispoñibles en varios idiomas) sobre «investigación, políticas e prácticas en materia de prevención dos TME» e «Datos e cifras sobre os TME» | ![]() |
|---|
Se tes responsabilidades políticas, ou empresariais ou és un/unha profesional da seguidad e saúde no traballo, é fundamental que te manteñas ao día sobre as investigacións relacionadas coa primeira doenza profesional de Europa.
Podes consultar os últimos informes, datos e análises publicados pola EU-OSHA na área prioritaria «Datos e cifras» do sitio web da campaña «Relaxemos as cargas».
Ligazón á serie de publicacións (algunhas dispoñibles en varios idiomas) sobre «investigación, políticas e prácticas en materia de prevención dos TME» e «Datos e cifras sobre os TME»