Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía de Seguridade e Saúde en centros educativos

28-11-2022 - UNIÓN DE MUTUAS

Nesta guía faise referencia aos riscos que pode atopar o profesorado, entre os que destacaría o risco ergonómico e o risco de carga física, mental e emocional, así como do resto do persoal que pode traballar nun centro docente -como o persoal de cociña, limpeza, mantemento, administración, etc.-, dándose a coñecer as medidas e recomendacións para facerlles fronte e poder traballar de forma segura

O equipo humano dun centro educativo está integrado na súa maioría por persoal docente que, a miúdo, ademais de impartir clases segundo a súa cualificación específica, debe desenvolver outras tarefas ou capacidades, como pode ser prácticas en laboratorios ou talleres, educación física, clases de reforzo, etc. Tamén hai que ter en conta as titorías, tanto co alumnado como cos pais ou titores dos mesmos, así como calquera eventualidade que poida xurdir no desenvolvemento do curso.

O descoñecemento dos riscos no seu sector por parte dos docentes maniféstase na maioría dos centros educativos, xa que son moi poucos aqueles que dispoñen dunha avaliación de riscos inicial ou que impartisen formación ou información sobre riscos e medidas preventivas ao seu persoal.

Tampouco hai que descoidar ao resto de persoal que pode traballar nun centro educativo, como o persoal de cociña, limpeza, mantemento, administración, etc., xa que tampouco están a salvo dos riscos nos seus postos de traballo, aínda que sexan doutra índole.

Ligazón á Guía de Seguridade e Saúde en centros educativos, elaborada por Unión de Mutuas.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS