Guía Técnica sobre simplificación documental03-12-2012 - INSHTO artigo 2.4 do Regulamento dos Servizos de Prevención, establece que as empresas de ata 50 traballadores que non desenvolvan actividades do anexo I poden plasmar nun único documento, de extensión reducida e doada comprensión, o plan de prevención, a avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva, mandatando ao INSHT a dispoñer dunha guía, de carácter non vinculante, que facilite a elaboración do devandito documento. | ![]() |
|---|
Para cumplir con este obxectivo de 'racionalizar a documentación' e, con iso, a mellora da eficiencia da actividade preventiva, nesta Guía preséntase un modelo de plan de prevención o máis sintético posible; un conxunto de criterios dirixidos a sistematizar a avaliación dos riscos e, en relación coa planificación, un modelo de rexistro que facilita ao empresario a información sobre que debe facerse, cando e quen debe facelo, para que sexa capaz de xestionar a prevención coa maior eficacia posible.
Guías relacionadas
. Criterios de Calidade do Servizo dos Servizos de Prevención Alleos
Acceso ao Regulamento dos Servizos de Prevención.
Fonte: INSHT