Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía Europea para Inspectores de Traballo sobre sílice cristalina respirable en traballos de construción

17-11-2016 - Comisión Europea

O Comité de Altos Responsables da Inspección do Traballo (SLIC) xunto co Ministerio de Traballo holandés (inspección de traballo) ven de publicar directrices dirixidas a inspectores nacionais de traballo sobre como abordar os riscos para os traballadores/as derivados da exposición á sílice cristalina respirable (SCR) xerada na construción. A guía proporciona información de referencia sobre a SCR, os riscos para a saúde, o marco regulamentario, as medidas de control e unha serie de follas de tarefas en materia de SCR.

Así mesmo recomenda a adopción de posibles accións naqueles casos nos que é posible atopar un risco de SCR elevado, medio ou baixo para a saúde dependendo do grao e o nivel dos controis levados a cabo polo empresario/ano momento da inspección.

A SCR , que pode provocar enfermidades graves como a silicose, a enfermidade pulmonar obstructiva crónica ou o cancro de pulmón, está xeralizada nos lugares de traballo dos países da UE dentro dun amplo abano de sectores industriais. Este documento centra a atención no traballo na construción  debido á súa presenza xeralizada en Europa, e debido aos elevados riscos en termos de potencial de exposición e o amplo número de traballadores/as que poden quedar expostos.

Ligazón ao texto (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS