Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Exoesqueletos ocupacionais e a prevención dos TME

10-09-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Os exoesqueletos son tecnoloxías de apoio persoal que asisten de forma mecánica ao corpo. Poden reducir a carga de traballo físico, como o levantamento de cargas pesadas, o que diminúe o risco de trastornos musculoesqueléticos. Deseñar e organizar o lugar de traballo de forma ergonómica non sempre é posible, por exemplo en lugares temporais de traballo. Nestes casos, os exoesqueletos poden axudar a compensar estas faltas.

Os exoesqueletos ocupacionais son dispositivos de apoio que poden reducir a tensión física no lugar de traballo. Poden ofrecer unha solución cando non basta con outras medidas técnicas, de organización ou de deseño ergonómico. Con todo, a súa utilización segue sendo limitada. Un deseño adaptado á persoa e a avaliación do risco biomecánico son esenciais para asegurar a aceptación e máis ampla utilización destes dispositivos, así como a súa eficacia na prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TMEs).

Do mesmo xeito que ocorre con todas as tecnoloxías novas, tamén os exoesqueletos precisan ser regulados e normalizados. Este informe proporciona asesoramento aos deseñadores. A redistribución da tensión ás distintas partes do corpo pode afectar á saúde dos traballadores/as. A comodidade é tamén un problema. Para que os exoesqueletos sexan útiles e gocen de aceptación aconséllase deseñar equipos centrados nas persoas.

O novo artigo analiza os resultados dun proxecto conxunto INAIL-IIT de estudo dos exoesqueletos e de como maximizar o seu potencial para reducir os TME de orixe laboral.

Documento sobre os exoesqueletos ocupacionais e a prevención dos TME (Occupational exoskeletons: wearable robotic devices to prevent work-related musculoskeletal disorders in the workplace of the future)

Impacto dos exoesqueletos na seguridade e a saúde no traballo

Investigación da EU-OSHA sobre os TME

 

Fonte:EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS